Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Ribadeo recoñece o traballo da comisión do Antroido e agradece o esforzo realizado

Nota de prensa

O EQUIPO DE GOBERNO AGRADÉCELLE Á COMISIÓN DO ANTROIDO O TRABALLO E O ESFORZO REALIZADO PARA ORGANIZAR OS ACTOS DESTE 2011.

Ribadeo, 17 de marzo de 2011. O equipo de goberno agradécelle o traballo e o esforzo realizado á comisión do antroido para organizar todos os actos que se desenvolveron ao longo das últimas semanas, “o pregón, o desfile e a queima, entre outros”.

Desde o equipo de goberno destacan que “unha vez máis miles de persoas se achegaron a Ribadeo a disfrutar do colorido do noso antroido e foron moitos tamén os que participaron con inxenio e con moito humor no desfile do martes. A todos eles tamén moitas grazas por disfrutar con nós destas datas. E vémonos o ano que ven”.

Exit mobile version