Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP acusa á Deputación de retrasar catro anos a mellora dunha estrada en Riotorto

Nota de prensa

O GPPP critica á Deputación por retrasar catro anos a mellora dunha estrada en Riotorto

Lugo, a 4 de marzo de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular criticou que a Deputación vaia acometer agora a mellora dunha estrada no concello de Riotorto cando dende 16 de marzo de 2007 contaba con todos os requisitos precisos para poder comenzar as obras. Trátase, en concreto, do vial que comunica Marco de Alvare e As Rodrigas.

Os populares lamentan que José Ramón Gómez Besteiro estivera retrasando a execución destas obras durante toda a lexislatura coa única finalidade de tentar buscar un rédito electoral e que, precisamente por culpa dese interese partidista, durante case catro anos privara ós veciños deste municipio de poder disfrutar dunha estrada en mellores condicións.

O GPPP lamenta ademais que o orzamento da obra sufra unha rebaixa de 100.000 euros sobre a partida prevista inicialmente.

O retraso premeditado e sen sin xustificación na execución de obras foi, segundo recalcan, unha constante durante estes anos de goberno de Gómez Besteiro na institución provincial, causando por elo un importante perxuizo ó conxunto dos veciños da provincia.

Exit mobile version