Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP cree que coincide coa CIG e o vicepresidente da Deputación no fin do plan LugoEmprega

Nota de prensa

Barreiro: “A CIG e o propio Antón Bao dannos a razón sobre o LugoEmprega”

Lugo, a 2 de marzo de 2011.- “A Confederación Intersindical Galega e o vicepresidente da Deputación recoñocen agora o que o Partido Popular leva un par de meses dicindo: que José Ramón Gómez Besteiro co plan LugoEmprega buscaba, única e exclusivamente, acadar un rédito partidista”.

Así valorou hoxe o voceiro do Grupo provincial do Partido Popular o anuncio feito onte por Xosé Ferreiro, secretario provincial da CIG, de que impugnarían o proceso de selección do plan de emprego desenvolvido pola Deputación e as declaracións realizadas hoxe mesmo por Antón Bao a este repecto.

José Manuel Barreiro recalcou que “os feitos confirmaron as nosas sospeitas”. “Tanto o sindicato nacionalista coma o propio socio de goberno na Deputación están a coincidir agora cos reparos que no seu día puxemos á posta en marcha deste programa”, dixo. “Reparos que tamén refrendan algúns secretarios municipais que mesmo cuestionan a súa legalidade por vulnerar o principio de autonomía municipal, como xa tamén advertimos nós dende o principio”, engadiu.

O voceiro dos populares na administración provincial salientou que a estas alturas “non hai dúbida” de que dende a Deputación usouse este plan con fins partidistas e “para colocar ós amigos”.

“Como tamén dixemos no seu día, con esta actuación a Deputación de Lugo non avoga polo emprego estable e de calidade, e de feito o goberno provincial, incluido o señor Bao e os seus compañeiros de partido, negáronse a aceptar a nosa proposta de que todas as administracións traballaran de xeito conxunto para dinamizar o mercado laboral e fomentar a creación de postos de traballo, proposta á que agora parece querer sumarse o vicepresidente primeiro”, concluiu.

Exit mobile version