Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela cree que o presuposto de ingresos do concello para 2011 está inflado

NOTA DE PRENSA

“O presuposto de ingresos do concello para 2011 está inflado”, afirma Barcia.

O portavoz popular afirma que se computan como ingresos definitivos subvencións que están ainda sen solicitar.

Asegura que “de cada cen euros que se gasten, oito non chegarán a ingresarse”.

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela, José María González Barcia, afirmou hoxe que os presupostos municipais para o presente ano 2011 confirman que o alcalde e o bigoberno burelés gastan máis do que teñen, o que está a provocar moito retraso no pago de facturas, e usan os cartos de todos co fin exclusivo de sacar rédito electoral e partidista.

Barcia considera que o alcalde e a súa forma de actuar son a viva representación de Zapatero: despilfarro e ausencia total de toma de decisións que corten dunha vez o derroche económico.

No que se refire ó capítulo de ingresos, o portavoz dos populares foi contundente: “están inflados, incluso o recoñece o propio informe de intervención”. E puxo varios exemplos:

– Contribución urbana: en 2010 recaudaronse 1.382.144’71€. Anunciouse unha baixada do tipo impositivo para 2011, pero ainda así e todo prevén recaudar 1.515.000’00€, ou sexa, 132.000’00€ máis, polo que só caben dúas posibilidades: ou a baixada da contribución non a vamos notar, ou se poñen máis ingresos dos reais para poder gastar máis.

– Taxa por licencia urbanística. En 2010 preveron uns ingresos de 70.000’00€ e só recaudaron 21.464’14€. En 2011, prevén recaudar 50.000’00€, a todas luces importe superior ó real de 2010 e sen perspectivas de que haxa máis obra.

– No tocante ó imposto de construccións, acontece o mesmo. En 2011 prevese recaudar 100.000’00€, cando en 2010 só se recaudaron 38.166’52€ do total previsto, que eran 100.000’00€. Non parece probable que se ingresen eses cartos.

– No que respecta ós vados, en 2010 recaudáronse un total de 41.892’00€ dun previsto de 80.000’00€. É decir, algo máis de 32.000’00€ menos. Agora volven a cometer o mesmo pecado, anque non tan gordo. Prevén recaudar en 2011 un total de 50.000’00€ que cremos que non se van conseguir.

– A esto hai que sumar outros ingresos que en 2010 non se cumpliron, como o dos postoso do mercado (14.000’00€ menos do previsto), a venta de entradas (13.000’00€ menos do previsto), a recaudación por multas (11.500’00€ menos do previsto), ou “outros ingresos diversos” (58.344’00€ menos do previsto). Pero estas previsións de ingresos mantéñense para 2011, co que vamos seguir gastando máis do que ingresamos.

– De feito, o propio informe de intervención reflexa que a diferencia entre o recaudado en 2010 e o previsto en 2011 é de 430.989’99€, ou sexa, vamos gastar, sen telos, algo máis de setenta millóns das antigas pesetas. Dito de outra forma, de cada cen euros que se gasten en 2011, oito non se chegarán a ingresar.

– Ademais, indica González Barcia, compútanse como ingresos subvencións que deberán conceder outras administracións, pero que non hai constancia documental de que así será, e mesmo están moitas están sen solicitar.

En definitiva, o portavoz do GMPP afirmou que o seu grupo votará en contra, porque non é un presuposto realista. Este presuposto está pensado para que o alcalde e o bigoberno poidan escapar cara adiante, sen importarlles moito que os que aportamos os cartos para o concello somos os cidadáns. Parece mentira que o alcalde non sexa capaz de poñer orden nas contas do concello, exactamente igual que Zapatero tampouco pón orden na súa labor de goberno. E parece mentira que sigamos usando os cartos que nos veñen de fóra para cambiar farolas, como Zapatero vai cambiar as sinais de tráfico de 120.

Exit mobile version