Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela cualifica como “electoralismo turístico da Deputación” as reunións co sector privado e co sector público para promoción da Mariña

Nota de prensa

O PP denuncia “o electoralismo turístico da Deputación”.

* González Barcia pregúntase que fixo a Deputación polo turismo de Burela e da Mariña nestes catro anos.
* Califica de fracaso a reunión cos concellos que mantivo onte en Burela Vega Buján.

Burela, 16 de marzo de 2011.- O PP afirmou hoxe que a Deputación Provincial organizou onte un paripé en Burela para lavar a cara da súa inoperancia en materia turística nestes últimos catro anos. Os populares calificaron as reunións co sector privado e co sector público de “puro electoralismo turístico da Deputación”.

O candidato dos populares de Burela e voceiro adxunto do GPPP, José María González Barcia, asegurou que a colaboración institucional da Deputación co sector privado do turismo da Mariña é igual a cero, porque hai que preguntarse en voz alta que fixo a Deputación polo sector turístico da zona nestes últimos catro anos, únicamente participar nun congreso recientemente celebrado en O Vicedo. Os concellos non saíron millor librados: non tiveron ningunha asistencia técnica, non houbo ningunha colaboración para a asistencia a eventos turísticos, e a sinalización prometida hai dous anos ainda está entrando en fábrica, como é o caso da sinalización que se pretende colocar en Burela e que vai ser máis ben escasa… Só se poden salvar as axudas para eventos gastronómicos, concedidas mediante subvencións de marcado cariz clientelar, porque é onde se pode sacar foto.

González Barcia indicou tamén que a reunión co sector público foi un rotundo fracaso de convocatoria, e demostra hasta que punto é creible o bipartito provincial para os concellos: non asistiron nin os alcaldes ou concelleiros de turismo do PSOE ou do BNG; tanto e así que só estaban os anfitrións, e tres traballadores de outros tantos concellos, o que demostra o escaso ou nulo grao de confianza que hai depositada na Deputación.

O voceiro adxunto do GPPP asegurou que Vega Buján só veu pola Mariña a presentar hai dous anos un power point que pretendía ser un plan estratéxico, e agora acórdase de que A Mariña existe. Unha burla ós mariñanos, ós concellos e ó sector turístico privado.

Exit mobile version