Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela di que está satisfeito co acto de inauguración e a posta en marcha do abastecemento de auga a Burela e Cervo

NOTA DE PRENSA

O PP de Burela, satisfeito pola inauguración do novo abastecemento de auga a Burela.

* Os populares lembran que foi unha Xunta do PP quen arrancou o proxecto e é unha Xunta do PP quen o remata.
* Afirman que o alcalde “nin nos chamou por teléfono para avisarnos do acto”.

Burela, 12 de marzo de 2011.- O Partido Popular de Burela manifestou hoxe a súa satisfacción polo acto de inauguración e posterior posta en marcha do novo abastecemento de auga a Burela e Cervo, acto presidido polo presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo.

Os populares consideran que deste xeito dase cumplimento a unha reivindicación dos cidadáns bureleses, ter auga de calidade e en cantidade. O PP lembra que foi unha Xunta do PP, presidida por Manuel Fraga, con José Manuel Barreiro como conselleiro de Medio Ambiente, e con Núñez Feijoo como conselleiro de Obras Públicas, quen redactou o proxecto constructivo, asignou cartos nos presupostos da Xunta de 2005 e licitou a obra.

E tén que ser unha Xunta do PP, presidida por Núñez Feijoo, quen remate unhas obras que en todo caso foron xestionadas por gobernos municipais do PP tanto en Cervo coma en Burela.

A Xunta bipartita, afirman os populares, retrasou dous anos, por fines electorais e claramente partidistas, a adxudicación da obra, alegando que se estaba a revisar o proxecto. Non lle revisaron nada, e esa foi a disculpa para paralizar a realización da obra. Ademais, foron incapaces de rematala en tempo e prazo, porque o prazo de ejecución era de dous anos.

Desde o PP entenden que os veciños de Burela deben coñecer a verdade: a Xunta de Manuel Fraga arrancou proxectos, a Xunta bipartita retrasounos e mesmo os paralizou, e a Xunta de Feijoo remátaos ou dalles un novo impulso, como pasa co caso da auga e co caso do acceso ó porto.

Finalmente, desde o PP aseguran que o alcalde de Burela portouse neste acto con mui pouca ou nula educación, porque non se dignou a avisar ó grupo municipal do PP para un acontecemento desta importancia, nin tan siquera dúas horas antes. Logo é el quen califica de maleducados ós demais, cando resulta impresentable que non nos avise. O alcalde acaba de demostrar que usa o concello con fins partidistas e con nulo respecto institucional e polas forzas políticas maioritarias. Ademais, é penoso que non asistira ó acto ningún representante do grupo socialista, agás o alcalde, proba de que este asunto non tén ningunha importancia para o PSOE, que só o usou con fins partidistas. E en relación coas declaracións do PSOE de Cervo, decirlles que os veciños de Burela que asistiron ó acto foron avisados polo PP de Burela, e a súa asistencia demostra o interese que a cidadanía de Burela tivo sempre por esta obra.

Exit mobile version