Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela solicita que o concello redacte unha ordenanza sobre accesibilidade

O PP solicita que o concello redacte unha ordenanza sobre accesibilidade.

* Afirman que a accesibilidade tamén hai que referenciala á información e á comunicación.
* Os populares piden que se redacte en seis meses.

Burela, 29 de marzo de 2011.- O Partido Popular (PP) de Burela vén de presentar unha moción no concello na que solicita que desde a administración municipal se redacte, no prazo de seis meses, unha ordenanza sobre accesibilidade, e que na elaboración da mesma se teña en conta ós colectivos de persoas con discapacidade e tamén á Asociación de Veciños.

Os populares afirman que en quince anos Burela tén dado pasos importantes en garantir a accesibilidade a edificios e locais públicos, pero queda moito camiño por andar en tres aspcetos: regulación da accesibilidade a edificios particulares, que en moitos casos non contan coa preceptiva rampa; regulamentación da colocación de mobiliario urbano para permitir o tránsito de cadeiras de rodas, e tamén garantir pouco a pouco que a información que dá o concello e a comunicación que transmite se faiga accesible para que persoas con calquera tipo de discapacidade poidan acceder ás mesmas.

Desde o PP consideran importante levar a cabo esta ordenanza, como xa teñen outros concellos como Lugo, e que se elabore co máximo consenso, polo que solicitan que interveñan directamente os colectivos de discapacitados e veciñais.

O PP agarda contar cun amplo consenso dentro da corporación municipal, e lembra que esta foi unha promesa electoral incumplida por parte do PSOE hai catro anos.

Exit mobile version