Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Cervo pedirá propostas ás asociación do concello para elaborar o programa electoral

Nota de prensa:
A maquinaria dos populares cervenses traballa para revalidar a confianza maioritaria dos veciños de Cervo, tal e como aconteceu nas últimas citas electorais
OS POPULARES PULSAN AS PROPOSTAS DAS ASOCIACIÓNS LOCAIS DE CARA Á ELABORACIÓN DO PROGRAMA ELECTORAL

* Co obxecto de recibir suxestións que permitan enriquecer o programa electoral habilitaron tamén unha dirección electrónica, un espazo de participación da veciñanza:

todoscontamosencervo@yahoo.es.

Cervo, 19 de marzo de 2011.- Os populares de Cervo manterán unha rolda de encontros coas principais asociacións locais para pulsar e contrastar as propostas que poidan enriquecer a elaboración do programa electoral de cara ás vindeiras eleccións municipais. O PP tamén dará conta aos distintos colectivos dun balance do Executivo municipal nesta lexislatura en relación coas distintas áreas de Goberno e segundo a tipoloxía das asociacións convocadas: deportivas, culturais, do ámbito do benestar, veciñais,… etc.

A maquinaria dos populares cervenses traballa para revalidar a confianza maioritaria dos veciños de Cervo, tal e como aconteceu nas últimas citas electorais. De feito os populares son a única formación política local que ten confirmado o seu candidato á alcaldía, na figura do actual rexedor municipal Alfonso Villares, o que contrasta coa ausencia do pronunciamento oficial que se está a dar tanto no PSOE como no BNG locais, tras o desgaste producido por unha mala percepción veciñal da labor de oposición dos anteriores candidatos.

Os populares traballan xa no deseño das distintas áreas de actuación municipal, e na elaboración definitiva do programa electoral, -compromiso de goberno-. Co obxecto de recibir suxestións habilitaron tamén unha dirección electrónica, un espazo de participación da veciñanza: todoscontamosencervo@yahoo.es

Exit mobile version