Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo agradece a visita da Conselleira do Mar

NOTA DE PRENSA

O vindeiro sábado 26 de marzo, ás 10:30 h da mañán acude a Ribadeo ROSA QUINTANA CARBALLO, destacada militante do Partido Popular e Conselleira do Mar. Manterá, na sede local, un encontro de traballo con militantes da nosa formación e membros da executiva local para amosar o seu apoio á candidatura que concurrirá ás vindeiras eleccións municipais encabezada por MANUEL VALIN.

Na xuntanza daráselle traslado das inquedanzas que, despois de diferentes reunións con colectivos relacionados co mundo do mar, ten recollido o PP local.

As 11:00 h percorrerá, acompañada de membros do partido as principias rúas do casco urbano.

Desde a agrupación ribadense agradecemos o apoio que estamos a recibir de membros do noso partido a nivel autonómico que contan con responsabilidade de goberno, o que amosa o seu interese polo noso concello.

Exit mobile version