Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que espera que o Ministro de Fomento comprometa prazos e investimentos do correodor na visita a Foz

Nota de prensa

Foz é un dos concellos da Mariña lucense por cuxo termo municipal discorre o cen por cen do treito estatal do corredor
OS POPULARES ESPERAN QUE JOSE BLANCO APROVEITE A SÚA VISITA PARA COMPROMETER PRAZOS E INVESTIMENTOS NO TREITO ESTATAL DO CORREDOR

* Aínda que está obrigado por lei, Fomento leva preto de dous anos sen resolver as alegacións que os distintos concellos rexistraron e polo tanto aínda non se coñece o seu trazado definitivo.

* Esta situación contrasta co tramo de titularidade autonómica, entre Celeiro e San Ciprián, adxudicado polo Goberno Feijoo e que está actualmente en obras.

A Mariña, 13 de marzo de 2011.- Os populares da Mariña lucense esperan que o Ministro de Fomento aproveite a súa proxectada visita á nosa comarca para comprometer prazos e investimentos para o desbloqueo do treito estatal do corredor da Costa, que na actualidade está paralizado na práctica por decisión do Goberno que preside Jose Luis Rodríguez Zapatero.

Desde o PP lembran que Foz –a localidade que ten previsto visitar o ministro- é un dos concellos da nosa comarca por cuxo termo municipal discorre o cen por cen do treito estatal do corredor e, polo tanto, é un dos máis interesados en coñecer o futuro trazado desta vía. De feito, aínda que está obrigado por lei, Fomento leva preto de dous anos sen resolver as alegacións que os distintos concellos rexistraron e, polo tanto, aínda non se coñece por onde discorrerá nin tan sequera o seu trazado definitivo.

A situación na que se atopa o treito estatal do corredor contrasta co tramo de titularidade autonómica. Así por exemplo o espazo comprendido entre as localidades de San Ciprián e Celeiro, que foi adxudicado polo Executivo que preside Alberto Núñez Feijóo, pouco despois de chegar á responsabilidade de goberno na Xunta, está actualmente en obras, mentres que o estatal nin tan sequera dispón do orzamento previsto para inicialas, nin do proxecto construtivo definitivo.

Exit mobile version