Site icon
Crónica3.com A Mariña

O PP pedirá no Parlamento e nos concellos que se reforce a seguridade cidadá

Nota de prensa:
Os populares constatan que a crecente vaga de roubos, a maior dos últimos 20 anos, está a xerar grande inquedanza e preocupación nos veciños

O GRUPO popular reclamará no parlamento e nos concellos da mariña lucense que o goberno central reforce a seguridade cidadá

* Temen que a bisbarra estea a ser obxecto da actuación de grupos organizados de delincuencia que actúan en comercios e viviendas particulares.

* A diario os medios de comunicación se están a facer eco do aumento dos actos delictivos que parecen superar o operativo disposto para atallalos e garantir a seguridade cidadá.

A Mariña, 30 de marzo de 2011.- O secretario xeral do populares lucenses e deputado autonómico mariñán, Jose Manuel Balseiro Orol, anunciou a presentación dunha batería de iniciativas no Parlamento galego e nos distintos concellos da comarca para reclamar que o Goberno central reforce os medios de seguridade dispostos na Mariña ante o aumento dos episodios delituosos que está a ter lugar nos últimos meses. Os populares constatan que a crecente vaga de roubos está a xerar grande inquedanza e preocupación nos veciños desta comarca e consideran necesario poñer en marcha un plan de medidas urxentes que garantan a seguridade cidadá.

Segundo explicou Jose Manuel Balseiro Orol existe o temor, apoiado nos últimos acontecementos, de que a bisbarra da costa lucense estea a ser obxecto da actuación de grupos de delincuencia organizada que actúan tanto en comercios como en vivendas particulares sen que, polo momento, “as xestións da Subdelegación do Goberno en Lugo teña atallado esta problemática. Mais ao contrario, os casos parecen multiplicarse”.

Os populares lamentan tamén a falta de explicacións oficiais, respecto deste repunte da delincuencia, e a deficiente atención –lonxe de medidas moi concretas- que se está a facer das queixas dos alcaldes da zona. “A diario os medios de comunicación reflicten casos que evidencian o aumento dos actos delictivos, nunha escalada que parece non ter fin e que supera o operativo disposto para atallalos” –explicou Balseiro.

PRECARIEDADE POLICIAL

Balseiro tamén significa que a devandita vaga de actos delituosos e roubos coincide no tempo coas alertas e queixas das principais asociaicóns profesionais e colectivos sindicais dos corpos e forzas de seguridade do Estado e, coa precariedade que desde estas instancias están a denunciar respecto dos medios materiais e humanos dispostos na Mariña lucense. Neste senso reclama ao Goberno central que adopte as medidas pertinentes para reforzar estos servizos, sen descartar a posta en marcha dun plan extraordinario de carácter disuasorio.

DATOS OFICIAIS

Os últimos datos oficiais constatan ademais esta realidade xa que A Mariña lucense está a ser afectada por un repunte de roubos e atracos, estatísticamente o maior dos últimos vinte anos. Moitos destes casos teñen lugar aproveitando a noite, como os rexistrados os pasados días nas localidades de Celeiro (Viveiro), Cervo, Foz ou Ribadeo. Só neste última localidade tiveron lugar unha trintena de roubos e unha quincena de hurtos.

Exit mobile version