Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP rexsitrou unha iniciativa na que pide a Portos un plan para o peirao antigo de Viveiro cun aparcamento soterrado

Nota de prensa

O voceiro de Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, rexistra unha iniciativa de impulso para o seu debate e aprobación no Parlamento

O GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR PIDE FORMALMENTE A PORTOS DE GALICIA A ELABORACIÓN DUN PLAN DE REORGANIZACIÓN E NOVOS USOS DO PEIRAO ANTIGO DE VIVEIRO E PROPÓN QUE NEL SE INCLÚA A CONSTRUCIÓN DO APARCAMENTO SOTERRADO

* A idea é desenvolver unha transaformación integral deste espazos acollendo neles os servizos propostos polos colectivos sociais e comerciais.

* Balseiro: “Xa anunciamos que si pasaba o tempo e non había avances, seríamos nos, o Grupo Popular, os que fixéramos a proposta formal dun proxecto que levaría adiante Portos de Galicia que é o organismo quen ten as competencias sobre este peirao”

* Os populares piden a Costas que se de verdade está disposta a investir diñeiro en Viveiro, non renuncie a elo, e o faga mañá mesmo nun espazo de competencias.

Viveiro, 29 de marzo de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Baleiro Orol, rexistrou unha proposición non de lei, unha iniciativa de impulso para o seu debate e aprobación no Parlamento de Galicia, na que reclama formalmente a Portos de Galicia a elaboración dun plan de reorganización e novos usos do antigo peirao pesqueiro de Viveiro e propón que neste proxecto de inclúa a construción dun aparcamento soterrado.

A través desta iniciativa o Grupo Popular vén de facerse eco das propostas feitas polos veciños e polos principais colectivos sociais e comerciais da vila que ven nos novos aproveitamentos deste espazo portuario un emprazamento ideal para a nova zona de aparcamento, capaz de dinamizar o tecido comercial da vila, ofrecer novos servizos a veciños e visitantes. A idea é desenvolver unha transformación integral destes espazos e que a fórmula que finalmente se execute non se limite a unha solución en superficie, senón que vaia máis ala, coa creación destas instalacións soterradas.

Jose Manuel Balseiro explicou que a solución proposta busca desbloquear unha situación que parece non avanzar a pesares de que no seu día o Grupo Popular apoiou e sumouse a un acordo unánime no Parlamento de Galicia para que as tres administracións implicadas: Xunta, Concello e Costas do Estado, consensuaran xunto os axentes económicos e sociais da cidade os futuros usos. “Nós démoslle a oportunidade e manifestamos a nosa confianza en buscar unha solución, pero visto que pasa o tempo e non hai avances, vémonos na obriga de tomar a iniciativa, e poñemos a nosa proposta sobre a mesa, para que a leve adiante Portos de Galicia que é a administración competente nestes espazos portuarios”.

NON PERDER O INVESTIMENTO

Balseiro tamén quixo deixar claro que “non renunciamos a nada” e, polo tanto, “si Costas do Estado está disposta a investir tres millóns de euros que o faga mañá mesmo, en calquera dos espazos da súa competencia que ten en Viveiro”. Pois no antigo peirao pesqueiro será Portos de Galicia quen execute o proxecto de reorganización e leve adiante o novo parking soterrado.

DUBIDAN DAS BOAS INTENCIÓNS DA ACTUAL ALCALDÍA

Con todo os populares non pechan a porta a unha solución de consenso que pase polo concurso das tres administracións, malia que dubidan das boas intencións da actual alcaldía. De feito argumentan as súas sospeitas en tres aspectos: Primeiro que pese a prometelo repetidamente o Concello non executou ningún plan de novos usos do antigo peirao pesqueiro, incluso no tempo no que o PSOE estaba na responsabilidade de goberno das tres administracións implicadas: Concello, Xunta e Administración central. Segundo, que o investimento anunciado por Costas non ten respaldo orzamentario nos presupostos xerais do Estado. E, finalmente, que o alcalde di dispoñer dun compromiso de Costas a executar nun espazo que non é da súa titularidade, senón que forma parte das competencias de Portos de Galicia.

Exit mobile version