Site icon Crónica3.com A Mariña

O PPP critica a “repentina” preocupación do Inludes polos autónomos do rural

Nota de prensa

O GPPP critica a “repentina” preocupación do Inludes polos autónomos do rural

Os populares consideran que a convocatoria de axudas para autónomos feita pola Deputación tén finalidade electoral

Lugo, a 8 de marzo de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular critica a convocatoria de unha liña de axudas por parte do Inludes, dotada con 600.000’00€, para a promoción dos autónomos a través da realización de obras de interese xeral no medio rural durante o presente ano 2011.

Os populares afirman que esta liña de subvencións teñen un marcado cariz electoral, porque, segundo o anuncio da convocatoria, os peticionarios poden ser asociacións, agrupacións de gandeiros ou agrupacións de cidadáns, aínda que non teñan personalidade xurídica, e a súa contía destinarase a realización de pequenas infraestructuras.
Na opinión do GPPP, trátase dunha nova edición do plan de comunidades veciñais empregando os cartos de todos os cidadáns desta provincia para uso exclusivamente partidista.
Par os populares resulta sorprendente que o presidente da Deputación se lembre agora de asentar poboación no rural cando en catro anos, por exemplo, non foi capaz de manter a rede viaria provincial en condicións aceptables nin de poñer un só parque empresarial en marcha.

Exit mobile version