Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente da Deputación di que Fomento abre tramos da A8 e na VAC da costa “retoñan eucaliptos”

Críticas á Xunta

Besteiro destacou ademais que “hoxe o Ministro de Fomento anunciou que en abril se abrirá un treito da A-8, e en maio outro, unha excelente noticia para a Mariña que pon de manifesto que o Goberno de España en Lugo só fai autovías mentres que outros, como a Xunta, fan corredores. Este tipo de vías discrimina algunhas zonas que non deben verse sometidas a este tipo de solucións cando se precisan 2 carrís en cada sentido, libres de peaxes”.

O Presidente, que foi moi crítico coa parálise do corredor da Mariña por parte da Xunta, afirmou que “onde supostamente está a traballar o Goberno galego xa retoñan eucaliptos. Non creo que sexa polo fértil que sexa a terra porque xa hai árbores de 2 metros. Isto amosa, a incompetencia do Goberno autonómico”.

Exit mobile version