Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación asinou un convenio co Concello de Mondoñedo para a xestión do lixo

Nota de prensa:
O Presidente da Deputación e o Alcalde de Mondoñedo asinan un convenio para a xestión do lixo

– Besteiro e Cruz acordan que o organismo provincial achegue case 14.000 euros para a adquisición de 70 colectores

– Os recipientes distribuiranse na propia cidade mindoniense e nas 14 parroquias que conforman este Concello da Mariña Central

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Mondoñedo, Manuel Orlando González Cruz, asinaron este mércores un convenio mediante o cal o organismo provincial achega 13.664 euros ó municipio mindoniense para a xestión do lixo.

Este investimento empregarase para a adquisición de 60 colectores de 800 litros e 10 de 240 litros que se distribuirán tanto na cidade mindoniense, como nas 14 parroquias que integran o Concello mindoniense.

O acordo entre Deputación e Concello prodúcese logo dun informe elaborado pola corporación municipal no que se daba conta do estado no que se atopa algúns colectores e da necesidade do seu cambio. A maiores, os veciños tamén solicitaron a reposición deste servizo.

Ante esta situación e debido ós problemas de liquidez da entidade local, o Goberno municipal solicitou axuda ó organismo provincial quen resposta coa sinatura deste convenio que se enmarca dentro da aposta pola máxima cooperacións cos Concellos.

Exit mobile version