Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo teme que a nova iniciativa do PP para o porto deportivo quede nunha promesa electoral

Nota de prensa

O PSOE DE CERVO TEME QUE A NOVA INICIATIVA DO PP A FAVOR DO PORTO DEPORTIVO QUEDE NUNHA PROMESA ELECTORALISTA

Lara Méndez subliñou que “os socialistas apoiaremos calquera proposta que faga realidade a construcción do porto deportivo pero esiximos cifras e datas canto antes que verifiquen as obras”

CERVO, 23 DE MARZO. A portavoz do Grupo Municipal Socialista de Cervo, Lara Méndez, sinalou que “dende o Partido Socialista apoiaremos sempre calquera iniciativa que se comprometa coa construcción do porto deportivo de San Cibrao. Queremos que sexa posible, dunha vez por todas, ter o porto que levan demandando dende hai décadas a Cofraría de San Cibrao, os veciños e os visitantes do noso concello”.

Dende o Partido Socialista lembran que “levamos moitos anos escoitando promesas que nunca se fan realidade. Xa nos anos 80, se fixera un anteproxecto para estudar a viabilidade das obras pero todo quedou en nada e o último compromiso anunciouno en abril do ano pasado o presidente de Portos, José Manuel Álvarez-Campana, cando se comprometía a realizar o estudo nese mesmo ano e que se iniciarían as obras durante o 2011, pero parece que esto volvía a ser fume de novo”.

Lara Méndez teme que “esta nova iniciativa dos populares para instar á Xunta de Galicia a que acometa con urxencia os estudos previos para a construcción do porto deportivo de San Cibrao non sexa máis que unha promesa electoralista do Partido Popular, que teña como fondo da cuestión as vindeiras eleccións municipais do mes de maio. Para que isto non sexa así, esixímoslles que fixen cifras e datas que verifiquen a construcción do porto que San Ciprian se merece”.

Exit mobile version