Nota de prensa
O PSOE DE FOZ ACLARA O ACONTECIDO COA RECLAMACIÓN DO SGAE E DESVELA AS MENTIRAS DE JAIME CANCIO
Foz 17 de marzo de 2011. – Tras abonar o concello de Foz, 10.887 euros, a parte que lle corresponde da débeda a SGAE dando cumprimento do fallo emitido pola Audiencia Provincial de Lugo o 2 de decembro do ano pasado, que revoga a sentenza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lugo (de 28 de maio do 2010), que condenaba ao Concello a pagar 102.739 euros, polas contratacións de actos musicais nas festas, onte o alcalde Rivera explicaba que o resto da débeda correspóndelle as asociación s encargadas de organizar os festexos.
Vamos a aclarar de unha vez por todas quen fixo as festas nos anos que reclama o SGAE, dende o ano 2002 ao ano 2009.
As festas foron realizadas por Jaime Cancio e a súa asociación Rente o Mar, salvo, os dous anos que ostentou a Delegación de Pesca, pero centrándonos nos na ultima lexislatura nos anos 2007, 2008, 2009 e 2010 as festas foron organizadas por Jaime Cancio como presidente da comisión de festas e a asociación Rente o Mar que tamén presidía, excepto o ano 2010 posto que o ser cesado como concelleiro en decembro de 2009, nin el nin a súa asociación as fixeron ese ano.
Das festas do 2010 das encargouse o Concello de Foz, presidíndoas o seu Alcalde, que a súa vez, ostenta a Delegación de Cultura.
Sr Cancio todas as asociacións fixeron festas e non houbo ningún tipo de problema, de onde saca que o Alcalde ataca as asociacións? O que hai que ser é serios, transparentes e non mentir a xustiza
Compre falar da desfachatez que tivo o Sr. Cancio o presentar diante de un xuíz o escrito (Nº1) que acompañamos, dicindo que Rente o Mar non pagou ningún dos espectáculos entre os anos 2002 e 2009,declarando que eran os propios feirantes os que se encargaban de pagar as orquestas, “ ou sexa que si un feirante aportaba 1000 € por estar instalado esa cantidade é a que o mesmo entregaba ao representante do espectáculo que actuaba nese acto” e que non ten constancia de ningún contrato que conste na asociación.
Pero iso non é certo, no documento (Nº 2), pódese ver perfectamente un contrato, e moitos mais que hai, asinado por Jaime Cancio en nome da comisión de festas.
Feitos de unha extrema gravidade, pois aparte intentar colar unha mentira aos veciños e veciñas, pois todo Foz sabe que incluso el mesmo cobraba os postos polo muelle , que na casa da cultura había colas para pagar estes postos, e que se presentaba nos Pub da zona da Praia para cobrar en persoa aos donos dos locais as súas apartacións a festa, esa mentira a plasma por escrito e a entrega nun proceso xudicial.
Como é posíbel, que se presente a dirixir o destino de Foz, un candidato que MENTIU O XUÍZ, MENTIU A XUSTIZA E MENTIU A TODO O POBO DE FOZ.
Incrible, o que debería de facer o Sr Cancio, si lle queda un pouco de decencia, seria pedir perdón e marchar da vida pública.