Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz que lamenta que o candidato do PP “non dé un paso adiante para baixarse do tren de Feijoo”

Nota de prensa

O PSOE de Foz lamenta que Castiñeira “non dé un paso adiante para baixarse do tren de Feijoo”

Os socialistas alégranse de que os veciños teñan alternativas políticas e piden ó candidato popular que “avise con tempo ós veciños, pode ser preferible non cambiar o noso destino”

Os socialistas de Foz amosan a súa satisfacción ó coñecer que o popular Javier Castiñeira presentou parte da súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais. Neste senso, destacan que “estamos contentos de que os veciños de Foz poidan ter alternativas políticas para elixir ós seus representantes no Concello, pero queremos que os que sexan elixidos sigan esforzándose polos veciños de Foz”.

Dende o PSOE focense sinalan que “esta nova candidatura invita ós veciños á dar un paso adiante cara un goberno que segue os pasos da Xunta de Galicia e invítaos a subirse ó tren galego. Se ese tren do que falan e ó tren que manexa Feijóo, case é mellor que os veciños de Foz non se sumen a esa viaxe. Ese tren galego polo que se apostou hai dous anos, en vez de ir abrindo novos camiños cara a Mariña foi pechando os que se tiñan abertos. Eliminou a gratuidade dos libros de texto para os máis pequenos, as axudas para a educación, o servizo de Noitebús, recortou servizos sanitarios no Hospital da Costa, paralizou o acceso ó porto de Burela, a EDAR de Foz, en definitiva, recortou e segue recortando os dereitos de tódolos veciños da Mariña e en concreto, do concello de Foz”.

Os socialistas pídenlle a Javier Castiñeira que “avise con tempo ós veciños de Foz se ese é o tren do que fala, porque se así é preferible non cambiar o noso destino”.

Presumir do traballo alleo

Por outra banda, dende a Agrupación Socialista de Foz subliñan que “parece mentira que o señor Castiñeira, sendo arquitecto técnico, non saiba o proceso que supoñen unhas obras. O Ministerio de Fomento está actuando como debe de actuar nas obras do corredor, primeiro redactou un proxecto, rematada esta fase, agora destina 134.000 euros para estudos informativos, que son obrigatorios, e cando finalicen con isto, poderá poñer en marcha o presuposto para as obras, antes é imposible. Non así, o señor Núñez Feijoo, presume de estar traballando na Vía de Alta Capacidade, cando a verdade é que non puxeron nin un euro máis do que deixou xa contratado o anterior goberno bipartito e o único do que se preocupou foi de retrasar a execución das obras ata o 2017”.

Exit mobile version