Site icon Crónica3.com A Mariña

O sábado, na Sala Bahía en Foz, segunda parte dos Encontros dos Axóuxeres

O sábado, 19 de marzo terá lugar a partir das 17:30h. na Sala Bahía a segunda parte dos Encontros dos Axóuxeres: unha festa para o teu bebé. A primeira parte celebrouse o pasado domingo, e este sábado terán lugar os obradoiros dos Axóuxeres. Nestes obradoiros participarán 15 grupos de familias por cada turno, de unha hora de duración. Consistirán no aprendizaxe da transmisión do afecto aos bebés, técnicas de masaxe, xogos de iniciación, cantigas,… Van encamiñados a nenos/as de 0 a 3 anos. Para participar neles é necesario inscribirse no 630230338 antes do venres 18 de marzo, ás 15h

Exit mobile version