Site icon Crónica3.com A Mariña

O Valadouro conta cun o campo de fútbol 7 de herba artificial no que investiron 130 mil euros

Nota de prensa

ANTONIO VEIGA VISITOU O CAMPO DE FÚTBOL 7 ARTIFICIAL DO VALADOURO

O delegado de Deportes da Deputación comprobou o perfecto estado do campo de fútbol 7 artificial que permitirá aos equipos do Valadouro adestrar en boas condicións durante todo o ano

Esta infraestrutura realizouse cun investimento de 130.000 euros dos que a Deputación de Lugo aportou 80.000 euros

O VALADOURO, 25 de marzo de 2011. O delegado da Área de Deporte da Deputación, Antonio Veiga, xunto ao alcalde do Concello do Valadouro, Euloxio Fernández Sampayo, os membros do BNG do Valadouro, Ramón Rouco Fernández e Eduardo Chao entre outros representantes da corporación municipal, así como os membros da directiva do club de fútbol do Valadouro e representantes da empresa que realizou as obras, comprobaron esta tarde o perfecto estado no que quedou o campo de fútbol 7 de herba artificial do Valadouro. Esta infraestrutura, para a que se investiron un total de 130.000 euros dos que a Área de Deportes da Deputación de Lugo aportou 80.000 euros e a parte restante o propio Concello, consistiu na creación dun campo de fútbol-7 no recinto deportivo do Árbol, situado nas inmediacións do futuro polígono industrial da vila.

Tal e como salientou Antonio Veiga, “grazas ao compromiso da Deputación de Lugo, a través da Área de Deporte, subvencionouse con 80.000 euros máis do 60% do importe das obras de acondicionamento do espazo deportivo que ascenden a 130.000 euros”. A parte restante, un total de 50.000 euros, correron a cargo do concello mariñao. Logo disto, o nacionalista resaltou que a instalación deste campo de fútbol-7 responde ás demandas expostas en varias ocasións pola Sociedade Deportiva Valadouro e o propio concello en prol da creación dun novo campo que lle permitise ao club dispor dun lugar no que realizar os seus adestramentos ao longo de todo o ano en óptimas condicións, sen necesidade dun mantemento moi exhaustivo e que soportase un uso intensivo.

Tal e como comentou o delegado da Área de Cultura e Deporte este proxecto enmárcase na liña de colaboración aberta con todos os concellos das distintas comarcas para dotar ou mellorar as instalacións deportivas existentes ao longo da xeografía lucense.

Exit mobile version