Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo celebra o Día Internacional das Mulleres cun concerto pola igualdade

Nota de prensa

O CONCELLO ORGANIZA UN CONCERTO UNINDO VOCES POLA IGUALDADE PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES. SERÁ O VINDEIRO DOMINGO ÁS OITO DA TARDE NO CINE TEATRO DE RIBADEO.

Ribadeo, 15 de marzo de 2011. O Concello organiza un concerto Unindo voces pola igualdade para conmemorar o día internacional das mulleres. Será o vindeiro domingo ás oito da tarde no Cine Teatro de Ribadeo.

A edil de Muller, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que “desde o CIM e desde a Concellaría da Muller queremos convidar a todos os veciños e veciñas de Ribadeo e aos dos concellos limítrofes, que nos visitan habitualmente, a que disfruten este domingo 20 de marzo a partires das 20 horas no Cine Teatro dun concerto que organizamos para celebrar o día internacional das mulleres”.

A concelleira nacionalista explicou que “o concerto denomínanse Unindo voces pola igualdade, trátase dun evento no que actuarán grupos integrados por mulleres, porque nos parece importante que nun día tan sinalado sexan elas as protagonistas, mulleres de diferentes idades e procedencias e que fan diferentes tipos de música para amosar a súa capacidade creativa e para celebrar este día e manternos todos unidos co fin de acadar nas nosas vidas e no noso concello máis igualdade. Non só están convocadas todas as mulleres do noso concello e do resto da comarca que queiran participar, senón tamén todos os homes e todas aquelas persoas que desexen asistir a este acto, que é totalmente gratuito, a pasar un rato ameno e agradable”.

En Unindo voces pola igualdade “poderemos escoitar a Alesancia, un grupo de pandereteiras de As Anzas, unha parroquia do noso concello, para mostrar o seu traballo, a súa creatividade e o que pode xurdir nunha pequena aldea. Tamén participarán Maktubikan, grupo integrado por dúas mulleres, unha holandesa e unha escocesa, que fan música etno-blues e finalizaremos con Habelas Hainas, unha formación de mozas novas, que cantan cancións populares, pero dun xeito diferente”.

Exit mobile version