Site icon Crónica3.com A Mariña

A parroquia xovense de San Isidoro-Monte celebra as festas patronais do 1 ao 4 de abril

Nota de prensa:
NOTA DE PRENSA.-

FESTAS DE SAN ISIDORO EN PENASAGUDAS-MONTE

Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por Tonio, Enrique, Pepito, Fino, Antonio e Felipe, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 1, 2 e 3 de ABRIL de 2011, con arranxo ao seguinte programa:

VENRES, 1 DE ABRIL: Vai comezar esta Festa cunha Verbena a partires das 9 da noite coa formación musical: “ABANICO”.

SÁBADO, 3 DE ABRIL:

-12:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.

-14:00 horas.- Sesión Vermú con “MASTER”.

-15:00 horas.- Xantar Veciñal, aberto a tódolos públicos, servido pola Empresa Villapol nunha carpa cuberta. Neste xantar, ademáis dos veciños, poderá participar calquer persoa de fora previa adquisición no Centro Social da Parroquia dun ticket de 20 euros.

-17:00 horas.- Verbena con: “MASTER” e “DÚO DE GALICIA”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.

DOMINGO, 4 DE ABRIL:

-10:00 horas.- Ruta de Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella”, organizada pola Comisión de Festas”.

-Despois do Xantar, Verbena co: “DÚO GALICIA”.

A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos tres dias da festa.

A Comisión quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.

Exit mobile version