Site icon Crónica3.com A Mariña

Os veciños de Barreiros gozarán os días 6 e 7 cos desfiles e bailes de Entroido

Nota de prensa:
OS VECIÑOS DE BARREIROS DISFRUTARÁN OS DÍAS 6 E 7 DE MARZO DE DESFILE DE DISFRACES E BAILES AMENIZADOS POLO GRUPO LECER.

Barreiros, 1 de marzo de 2011. Os veciños de Barreiros disfrutarán os días 6 e 7 de marzo de desfile de disfraces e bailes amenizados polo grupo musical Lecer. A concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, deu a coñecer hoxe o programa do antroido 2011.

A edil popular dixo que “chegadas estas datas imos celebralas como de costumbre e esperamos contar, coma en anos anteriores, cunha participación masiva. A novidade deste 2011 é que a programación do antroido desenvolveráse no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro”. Os actos do antroido comezarán o domingo 6 de marzo ás 18 horas co desfile de disfraces infantil e xuvenil con premios para os gañadores e agasallos para os participantes, “teremos a actuación dos Cabezudos, baile amenizado por Lecer cos concursos do pano e do tulipán e con premios para os gañadores. Para todos estes premios haberá un xurado especial que decidirá qué persoas son as que merecen facerse con eles”. O mesmo domingo ás 22:30 horas será o baile de disfraces para novos e adultos con Lecer.

Adela Rodríguez engadiu que “o luns 7 de marzo ás 22:30 horas volvemos a contar con Lecer, haberá baile de disfraces co concurso do farolillo e da escoba. Esperamos moita asistencia, pasarémolo moi ben ousexa que animamos a todo o mundo a asistir”.

Exit mobile version