Site icon Crónica3.com A Mariña

Poblica o DOG a licitación de obras no polideportivo do CEIP de Cervo sen data de inicio

Nota de prensa

A XUNTA PUBLICA HOXE NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA A LICITACIÓN DA CONTRATACIÓN DAS OBRAS DE AMPLIACIÓN E REFORMA DO POLIDEPORTIVO DO CEIP Nº1 DE CERVO

* A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dispón un investimento de preto de 550.000 euros para unha dotación, cuxo praza de execución previsto é de catro meses
* A delegada territorial, Raquel Arias, subliña que esta actuación suporá “deseñar e por a disposición do alumnado e dos profesionais da formación un centro modernizado e adaptado ás necesidades existentes na zona”

Lugo, 14 de marzo de 2011.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o inicio da licitación da contratación da obra de reforma e ampliación das obras de reforma do polideportivo do CEIP nº1 de Cervo, uns traballos nos que o Executivo galego investirá nos próximos meses 550. 000 euros.

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, destacou hoxe “a importancia destas tarefas, que permitirán deseñar e por a disposición do arredor dun cento de alumnos deste colexio e o profesorado adscrito ao mesmo un centro modernizado e adaptado ás necesidades existentes na zona”.

A delegada territorial subliñou “o esforzo inversor, que fai o Executivo galego nunha conxuntura económica de crise”, se ben con esta actuación ven a completar “unha actuación que se atopou á metade”, posto que o anterior goberno autonómico só plantexou unha primeira fase para esta dotación, deixando a actuación sen completar.

As obras, que está previsto que se inicien ao longo do presente ano, contan cun prazo de execución de catro meses. Logo do anuncio publicado hoxe no DOG, os interesados teñen de prazo desde mañá e ata o próximo día 9 de abril para a presentación das súas propostas orzamentarias para a execución do proxecto.

Exit mobile version