Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación en Barreiros da administración electrónica da man da empresa “esPúblico”

Nota de prensa:
BARREIROS ACOLLE HOXE A PRESENTACIÓN DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA, QUE CHEGARÁ A 9 CONCELLOS DA COMARCA DA MAN DA EMPRESA esPÚBLICO.

Barreiros, 28 de marzo de 2011. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá hoxe 30 de marzo ás 14 horas unha xuntanza para coñecer a solución que permitiu que o novo servizo público de administración electrónica sexa unha realidade en varios concellos da Mariña. Alí se darán cita diferentes autoridades e representantes de Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Ourol, A Pontenova, Trabada, O Valadouro, O Vicedo e Xove.

A solución implantada no Concello de Barreiros e nos outros oito pertence á empresa esPúblico, firma especializada en servizos xurídicos e modernización administrativa para a administración local. A aplicación chámase Gestiona e caracterízase polo seu sinxelo e fácil uso tanto para o funcionario como para o cidadán. As 24 horas dos 365 días do ano o Concello estará así aberto para evitar que os veciños teñan que desprazarse ás oficinas municipais, facer colas ou axustarse a un horario determinado para informarse ou realizar calquera trámite.

Exit mobile version