Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentan un novo número da revista oral “A voz dos carraos” no Museo do Mar en San Cibrao

Nota de prensa

A voz dos carraos, nº 10 (26-03-11)

O sábado, 26 DE MARZO de 2011, ás 19:00 horas, no Museo Provincial do Mar, San Cibrao (Cervo), novo número da revista oral, desta volta coa presentación do proxecto Queres que cho conte? de Palimoco Teatro. Unha oportunidade única para ver a respresentación drámatico-musical deste proxecto que recrea de nove contos da tradición oral recollidos na provincia de Lugo.

Portada musical: Carlos Díaz (3’)
Presentación: Presentación do proxecto Queres que cho conte?, por Paloma Lugilde e Antonio Reigosa (10’)

Queres que cho conte?: Coordinación do Proxecto Queres que cho conte?: Palimoco Teatro. Dramaturxia e dirección: Paloma Lugilde. Ilustracións: Sabela M. Eiriz, Mar Eiriz. Música: Carlos Díaz. Voces: Bruno Martínez, Paula Buján, Sabela Eiriz, Carlos Díaz, Paloma Lugilde, Alicia García, Arturo Centeno, Hugo Centeno. Voz convidada: Avelino González. Guitarra: Carlos Díaz. Pandeireta: Arturo Vaquero. Piano: Francisco Martínez. Gaita e zanfona: Suso Vaamonde. Gravación: Estudos Abrigueiro.
Interveñen: Paula Buján, Sabela M. Eiriz, Bruno Martínez, Carlos Díaz e Paloma Lugilde
Opinión: Intervención do público.
Epílogo: por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo (3’)
Contraportada
O aistentes poden pedir que se repita o tema musical da representación que máis lles gustase para cantalo xuntos, público e actores.

Exit mobile version