Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentaron en Foz as “Xornadas de degustación da merluza”

Nota de prensa

Os encargados de presentar as xornadas de degustación da merluza foron a vicepresidenta de ACIA Foz, Remedios García, e os vocais, Ignacio Fernández e Lara López-Leytón. Un total de 26 bares, cafeterías, restaurantes e mesóns de Foz ofrecerán tapas e platos elaborados con merluza os días 18 e 19 de marzo. O obxectivo, segundo explican desde ACIA Foz, “é animar esta ponte festiva para que os que nos visitan e tamén os veciños de Foz teñan unha excusa para sair da casa e tamén queremos promocionar os produtos que pescan os barcos da costa de Lugo”

Exit mobile version