Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematou a 22ª temporada de bolos de Xove coa tirada de Sumoas

Nota de prensa:

REMATE DA XXIIª TEMPORADA DE BOLOS COA TIRADA DO CENTRO SOCIAL DE SUMOAS

XXIIª  TIRADA DE BOLOS  – XIª SUB 18 –  IIª  LIGA  FEMININA

(TEMPORADA  2010/2011)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

Autoescuela Mundial Xove

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE SUMOAS   (12 MARZO 2011  ) INSCRITOS:     NA LIGA SENIOR,      NA LIGA SUB 18  E       NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
PRIMEIRO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 176 12
SEGUNDO ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS 174 10
TERCEIRO CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA 159 8
CUARTO JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 157 7
QUINTO OMAR CABRERA MACÍAS 154 6
SEXTO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 142 5
SÉTIMO ALEX MEITÍN SERANTES 138 4
OITAVO MODESTO ALBO VIDAL 137 3
NOVENO LUIS RANCAÑO BOUSO 132 2
DÉCIMO ARTURO VIGO CASABELLA 130 1
MELLOR BOLADA LUIS RANCAÑO BOUSO 66 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO DAVIDA NAYA LEGIDE 126 6
SEGUNDO ÓSCAR PÉREZ MEITÍN 106 4
TERCEIRO SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 74 3
CUARTO AITOR BOUSO GAVIN 65 2
QUINTO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 61 1
MELLOR BOLADA AITOR BOUSO GAVIN 53 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 74 6
SEGUNDO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 62 4
TERCEIRO CARMEN ROCA CORRAL 54 3
CUARTO MARÍA TERESA RAMOS DOMÍNGUEZ 42 2
QUINTO SALOMÉ  BERMÚDEZ BEN 41 1
MELLOR BOLADA SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 37 1

INCIDENCIAS DA   18  TIRADA

(CENTRO SOCIAL DE A SUMOAS- Sábado,   12 MARZO 2011)

-Tarde chuviosa e moi desapacible, o que fixo que dificultara moito o xogo.

-44 inscritos,    27 na Liga Senior,    10 na Sub 18 e  7 na Liga Feminina.

Última tirada desta XXIIª edición do campionato de bolos do Concello.

Precisamente, ao remate desta temporada, desexamos darlle as grazas á Autoescuela Mundial  pola colaboración que nos 10 últimos anos mantivo con este campionato

Liga Senior.-

15 PRIMEIROS CLASIFICADOS CON TROFEO E PREMIO EN METÁLICO
JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 116 TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL
ARTURO VIGO CASABELLA 115 TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL
GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 105 TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL
LUIS RANCAÑO BOUSO 99 TROFEO
CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 67 TROFEO
MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 66 TROFEO
OMAR CABRERA MACÍAS 58 TROFEO
FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 55 TROFEO
JOSE VIGO LAGE 52 TROFEO
JOSÉ  MANUEL COCIÑA RIVERA 42 10º TROFEO
AUGUSTO ALBO OCAMPO 41 11º TROFEO
ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS 36 12º TROFEO
SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 36 13º TROFEO
MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 25 14º TROFEO
JOSÉ  BAÑO FERNÁNDEZ 25 15º TROFEO
MELLOR BOLADA DO CAMPIONATO:LUIS BOUSO RANCAÑO, OBTIDA O 19 DE FEBREIRO NA TIRADA DO CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ 81 TANTOS TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL

Sorpresón final nesta categoría. Arturo Vigo, favorito final xa que partía nesta última tirada con 5 puntos de ventaxa sobre José Rafael González, só puido ser décimo polo que sumou un solo punto; polo contrario, José Rafael, a pesares de non gañar,  conseguiu un excelente cuarto posto o que lle dá finalmente uns valiosísimos 7 puntos, cos cales supera finalmente a Arturo Vigo por 116 a 115 puntos.

Pero as desgracias non acabaron aquí para Arturo Vigo, xa que viu tamén como no desempate para mellor bolada do campionato, era superado por  Luis Bouso, quen finalmente se fixo con este prezado galardón.

O ata sábado vixente campión Ginés Rodríguez non puido renovar o entorchado, pero pode marcharse satisfeito xa que realizou unha excelente temporada, quedando unha vez máis no caixón de honra entre os tres primeiros. Mención tamén para Luis Rancaño, quen ao seu galardón da mellor bolada do campionato, suma un meritorio cuarto posto, moi cercano en puntuación aos tres primeiros e pelexando a tope ata o final.  César Cancelos, Moisés Rodríguez, Francisco Pérez, Omar Cabrera e Jose Vigo, por citar algúns, tamén fixeron unha boa temporada, pero xa nun escalón máis baixo.

Emocionantísima, polo tanto, esta última tirada.

Por último, e referido a esta categoría, destacar o Trofeo Autoescuela Mundial ao xogador máis veterano do campionato, que un ano máis recaeu en Modesto Albo, quen dentro de pouco, se non nos equivocamos, vai cumprir os 82 anos.

Liga Sub 18.-

LIGA SUB 18 –  5 PRIMEIROS CLASIFICADOS CON TROFEO E PREMIO EN METÁLICO
SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 72 TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL
AITOR BOUSO GAVIN 63 TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL
DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 41 TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL
CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA 30 TROFEO
ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 23 TROFEO
MELLOR BOLADA –  SAMUEL REY   (OBTIDA O 30 DE OUTUBRO DE 2010 NA BOLERA DO CAMPO DE FÚTBOL DE XOVE) 62 tantos TROFEO

Nesta Liga xa estaba todo o pescado vendido, polo que non houbo cambios nos cinco primeiros postos da clasificación.  Decir que nos encontramos moi satisfeitos pola participación dos rapaces/as nesta edición; na mesma conseguiron puntuar 14 distintos. Desexamos, neste apartado, agradecerlle a Xavi Bouza Criado, profesor de  Educación Física de Secundaria do IES Illa de SArón, a colaboración que mantivo con este campionato e polo apoio para que algúns dos seus alumnos/as participaran no noso Campionato.

Como obxectivo para o ano que ven, contamos con seguir incorporando rapaces/as ás nosas tiradas, xa que neles/as está o futuro deste xogo tan querido para nós.

Liga Feminina.

LIGA FEMININA – 5 PRIMEIRAS CLASIFICADAS CON TROFEO E PREMIO EN METÁLICO
DOLORES BAÑO FRAGA 61 TROFEO
CARMEN ROCA CORRAL 55 TROFEO
BELÉN MEITÍN ROUCO 53 TROFEO
SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 44 TROFEO
CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 36 TROFEO
MELLOR BOLADA PROVISIONAL –  BELÉN MEITÍN   (OBTIDA O  17 DE XANEIRO DE 2011 NO CLUB SOCIAL DE PALMEIRO) 68 tantos TROFEO

Nesta Liga xa tíñamos unha campiona en Dolores Baño pero quedaba por dilucidar o orde do segundo e terceiro posto, para o cal estaban loitando Belén Meitín e Carmen Roca, que antes desta última tirada só estaban separadas por un punto. Desgraciadamente Belén Meitín non puido manter a segunda posición, xa que nin siquer puido xogar ao estar lexionada dun brazo, razón pola cal Carmen Roca, que sumou tres puntos, finalmente fíxose co subcampionato, relegando a Belén á terceira posición. Iso sí, Belén mantivo o trofeo á mellor bolada do campionato cos 68 tantos obtivos o 17 de xaneiro deste ano no Club Social de Palmeiro.

Dentro dos desexos para esta categoría estaría o de seguir aumentando a participación feminina no campionato, que este ano foi maior do que esperabamos.

A entrega de premios e trofeos, que tradicionalmente se celebra no propio campo de xogo, este ano tivemos que pasala ao interior do Centro Social de Sumoas debido ás fortes choivas. Na entrega contamos coa presencia  do Alcalde Demetrio Salgueiro e do Tnte. de Alcalde José Manuel González.

Con esta tirada de Sumoas remata a XXIIª  Liga de Bolos do Concello, pero non remata a temporada, xa que queda por celebrar a COPA DE BOLOS, que este ano acada a súa VIIIª Edición.

Esta Copa vai ter lugar o vindeiro sábado 19 de marzo no Centro Social de Sumoas e porá remate a esta intensa temporada, que comezou o 28 de setembro de 2010 coas Xornadas de Promoción dos Bolos no IES Illa de Sarón.

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura como organizador deste evento, quere dar as grazas a tódolos xogadores e xogadoras participantes, ao Club de Bolos Xove, ao IES Illa de Sarón e novamente á Autoescuela Mundial.

Exit mobile version