Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematou a temporada de bolos en Xove coa celebración da 8ª copa de bolos “Concello de Xove”

NOTA DE PRENSA.-

REMATOU A TEMPORADA DE BOLOS E XOVE COA CELEBRACIÓN DA VIIIª COPA DE BOLOS “CONCELLO DE XOVE”

O pasado sábado 19 DE MARZO tivo lugar na Bolera do Centro Social de Sumoas a ViIIª COPA DE BOLOS “CONCELLO DE XOVE”, competición coa que a Concellería de Cultura do Concello puxo punto final a temporada 2010-2011 de bolos. Despois disto, haberá que esperar ata o mes de outubro deste ano para comezar unha nova temporada.

A copa de bolos comezouse a celebrar no 2004 na Bolera do Centro Social de Lago, polo que ímos rotando a sé desta competición final, seguindo a mesma ruta da Liga anual; en principio esta edición tería que haberse celebrado no Centro Social de Morás, pero ao estar este pechado decideuse, de acordo coa totalidade dos xogadores, cambiala para o Centro Social de Sumoas. Polo tanto, a edición vindeira, a IXª, volverase a celebrar en Sumoas, xa que lle corresponde por orde de realización.

Esta Copa ten que ver tamén coa Liga recentemente finalizada, dado que se aproveitan os resultados da Liga para facer as parellas participantes. A Copa, a diferencia da Liga, xógase por parellas, tal como se facía de xeito tradicional. Para formar as parellas utilizamos as clasificacións finais da Liga de Maiores e da Liga Sub 18 da seguinte maneira: o primeiro clasificado da Liga de Maiores fai parella co último clasificado da Liga Sub 18, o segundo clasificado da Liga de Maiores fai parella co penúltimo da Liga Sub 18, e así ata o final. Este mesmo proceso realízase tamén para Iª Copa Feminina. Con isto preténdese que as parellas sexan o máis igualadas posibles, e ao mesmo tempo dámoslle a oportunidade de que os xogadores da Liga Sub 18 poidan xogar xunto (formando parella) aos das Ligas de Seniors (masculina e feminina), cousa que lles gusta moito e ademáis é unha unha motivación para eles.

En total disputaron a copa 28 xogadores na categoría masculina e 10 xogadoras na categoría feminina.

O cadro final de vencedores desta COPA DE BOLOS, quedou da seguinte maneira:

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. VIIIª COPA DE BOLOS – CATEGORÍA MASCULINA (XOGADORES DA LIGA SENIOR E DA LIGA SUB 18)

CAMPIONS: parella formada por ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS E BALBINO GARCÍA RIVEIRA

SUBCAMPIONS: parella formada por JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA E FÉLIX MÉNDEZ GALDO

TERCEIROS: parella formada por MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ E JORDI MEITÍN SERANTES

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. Iª COPA DE BOLOS – CATEGORÍA FEMININA (XOGADORAS DA LIGA SENIOR E DA LIGA SUB 18)

CAMPIONAS: parella formada por SALÓMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ E LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ

SUBCAMPIONAS: parella formada por BELÉN MEITÍN ROUCO E Mª TERESA RAMOS FERNÁNDEZ

TERCEIROS: parella formada por CARMEN ROCA CORRAL E POR CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA

Tódos eles recibiron trofeos de mans do Concelleiro de Deportes José Manuel Balseiro e do Concelleiro de Obras José Manuel González.

O Departamento Municipal de Cultura do Concello xa está a traballar na nova temporada (XXIIIª Liga, XIIª Sub 16 e IIIª Liga Feminina) 2011-2012, que vai comezar no Centro Social de Lago a mediados de outubro deste ano.

Exit mobile version