Site icon Crónica3.com A Mariña

Reparten material para consolidar a Administración Electrónica nos concellos co programa Innova-TE

Nota de prensa

O reparto de material informático do plan Innova-TE segue hoxe en Palas, Taboada, Láncara, O Corgo, Begonte e Guitiriz

– Con esta entrega, son 19 concellos, dos 50 adheridos ó proxecto impulsado pola Deputación, os que recibiron o equipamento tecnolóxico

– A distribución de ordenadores, impresoras, servidores e pantallas, destinados a consolidar o despregue da Administración Electrónica, finalizará o 11 de abril

A Deputación de Lugo reparte este mércores en Palas de Rei, Taboada, Láncara, O Corgo, Begonte e Guitiriz o equipamento tecnolóxico que lles proporciona o programa Innova-TE ós 50 concellos adheridos para consolidar o despregue da Administración Electrónica. Con esta entrega, serán 19 os municipios que participan no proxecto os que conten co material, consistente en ordenadores de sobremesa e portátiles, impresoras, servidores e pantallas multimedia de información.

A distribución continuará nos próximos días nas 31 localidades restantes hasta quedar completado o día 11 de abril. Nesta semana, están previstas entregas hoxe, en Cervo, Burela, O Incio, Samos e A Fonsagrada, e mañá venres, en Pol, Becerreá e Cervantes. Cada ente local recibe a dotación que foi determinada nunha auditoría previa como estritamente necesaria para poder desenvolver con garantías a e-Administración.

A inversión destinada á compra, reparto e colocación do material foi de 1,4 millóns de euros, dos que o 70% foi aportado pola Unión Europea.

Exit mobile version