Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acolle unha xuntanza para poñer en marcha a segunda fase da Axenda 21

Nota de prensa:
O CONCELLO ACOLLE MAÑÁ UNHA XUNTANZA PARA POÑER EN MARCHA A SEGUNDA FASE DA AXENDA 21 LOCAL DE RIBADEO.

Ribadeo, 30 de marzo de 2011. O vindeiro xoves 31 de marzo terá lugar no salón de plenos do Concello de Ribadeo unha das actividades de difusión da sustentabilidade programadas ao abeiro do proceso de implementación da Axenda 21 Local. Estas xornadas están organizadas pola Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo.

Segundo explican desde a Delegación de Medio Ambiente “dentro do proceso de implicación da veciñanza coa sustentabilidade, esta actividade centrase fundamentalmente no debate da situación actual do Concello con técnicos e representantes de diferentes colectivos locais (culturais, educativos, medioambientais, sociais, económicos, etc.)”. Serán arredor dunha treintena de persoas as que participarán neste encontro.

Trátase dunha xornada de traballo coa que se pretenden completar o proceso de implementación da Axenda 21 que se está a desenvolver no concello, implicando á poboación e facéndoa participe no proceso tanto para atopar os problemas vencellados coa sustentabilidade coma para as propoñer solucións os mesmos.

O programa é o seguinte:

A partir das 16:00 h

* Breve presentación da xornada a cargo do técnico de sostibilidade local e técnicos da empresa SIGNO encargada de desenvolver o proxecto

A partir das 16:30 h

* Traballo específico cos axentes locais mediante microforos de traballo e discusión

A partir das 17:45 h

* Peche da xornada e conclusión da mesma.

Exit mobile version