Site icon Crónica3.com A Mariña

Un tiro libre a falta de seis segundos deulle a vitoria ao O C. B. Celtas-Primera Calidad

Foz (M.F.O.) .- O C. B. Celtas-Primera Calidad volveu a senda das vitorias como local tras gañarlle ao Culleredo por un apertado 53 a 52. Con esta xa suma tres vitorias nos últimos catro partidos e sae así dos postos mais baixos da clasificación.
O partido comezou mal para os focenses recibindo un parcial de 0 a 9. A reacción en defensa puxo os locais sete puntos a favor nos últimos minutos do segundo cuarto. Pero unha serie de balóns perdidos deixou o marcador en 24 a 25 ao descanso. Na segunda metade o marcador estivo moi axustado, pero nos minutos finais o Celtas colleu unha pequena vantaxe. Nos últimos intres os de Culleredo forzaron máquinas e igualaron o partido a 52 puntos. A falta de seis segundos o locais anotaron un tiro libre que finalmente lles daría a vitoria.
Polo Celtas-Primera Calidad xogaron: Javi (3), Adrián (2), Humberto (5), Miguel (12), Eduardo (7), – Pablo (12), Diego (6), Piñón (3), Borja (3) e Manuel.

Exit mobile version