Nota de prensa
Foz, 11 de marzo de 2011. Focenses e visitantes disfrutarán os días 18 e 19 de marzo das xornadas de degustación da merluza, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz. Un total de 26 bares, cafeterías, mesóns e restaurantes ofrecerán tapas e platos elaborados con este produto.
O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, subliñou que “o que pretendemos, ademáis de intentar dinamizar a vida do pobo e dos nosos locais en tempada baixa, é promocionar os produtos da nosa comarca. Neste caso faremos unha degustación de merluza, un peixe que capturan moitos barcos dos nosos portos”.
Paleo anima “aos veciños do noso pobo a acudir a disfrutar destas xornadas que serán os días 18 e 19 en 26 locais da vila e tamén aos veciños e visitantes doutras localidades da Mariña e de Asturias. En Foz cada pouco tempo organizamos unha cita gastronómica e agardamos que ésta sexa un éxito”.
Os locais participantes son: A Maseira, A Quinta, A Bolera, Acuario, O Amanecer, O Taco, Dallas, Anduriña, Costumes do Mar, Xoyma, El Rincón de Anita, cervexería Fina, O Fogar do Pelolo, Portovello, Express-Café, O Norte, Leytón, O Tangarte, A Ribeira, Namarinos, pizzería Xoiña, As Brasas, Dandy, O Mar, O Lar e A Terriña.
Semana Santa
A directiva de ACIA Foz non descansa e xa está a traballar na organización da oitava ruta de tapas que terá lugar durante a vindeira semana santa, “co obxectivo de ofrecerlle algunha alternativa interesante aos centos de persoas que se achegan a Foz nesas datas”.