UNIFOZ presentouse ante 78 veciños na parroquia de San Acisclo, para dar a coñecer esta nova formación política e esa outra forma de gobernar, con dialogo e escoitando a veciñanza.
Na xuntanza falaron JORGE CASTRO FERNÁNDEZ, ANA Mª LÓPEZ CAMPOAMOR e JAIME CANCIO.
Antes do acto cos veciños, UNIFOZ reuniuse coa AA.VV de San Acisclo, para recoller as súas inquietudes e preocupacións.
UNIFOZ estudará a posibilidade dun plan supramunicipal cos concellos de Ferreira e Alfoz, para promover un medio de transporte regular que poida comunicar os veciños destas localidades e de San Acisclo, San Martiño, Vilaronte, co núcleo de Foz e tamén co Hospital da Costa, pola estrada Ferreira–Foz.
Isto supoñería comodidade para a veciñanza, así como aforro enérxetico.