Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ presentouse antes 90 veciños en San Martiño

UNIFOZ fixo acto de presentación en San Martiño diante de 90 veciños e veciñas para presentarlles esta nova formación política, así como para expoñerlles as súas propostas en turismo a unha parroquia á que UNIFOZ considera quilómetro cero do turismo focego.
San Martiño é para UNIFOZ a referencia do turismo de 365 días, por ser nesta parroquia onde está situado o conxunto da Basílica de San Martiño.
UNIFOZ aposta :
Por seguir loitando para que a Basília sexa declarada patrimono da UNESCO
Por profesionalizar as visitas guiadas á Basílica
Por promover un plan de accesibilidade ao monumento para persoas con dificultades, que non foi contemplado nos últimos investimentos
Por desenvolver un Plan de recuperación do conxunto etnográfico: muíños, cabozos e sendeiros, e enlazalo coa área do Carme de San Martiño.
En definitiva, é necesaria a creación do PATRONATO DE TURISMO PARA A ELBORACIÓN E DESENVOLVEMENTO DUN PLAN INTEGRAL DE TURISMO que sexa real, pois a experiecia dinos que os documentos elaborados ata o de agora foron papel mollado.

Exit mobile version