Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ rematou a fin de semana a rolda de presentacións ás parroquias

Nota de prensa

UNIFOZ rematou esta fin de semana a rolda de presentacións ás parroquias, falando coas AA.VV de cada unha delas, escoitando os veciños e mostrando esoutra forma de traballar.

UNIFOZ escapa do funcionamento dos partidos tradicionais.

UNIFOZ toma as decisións de forma democrática, cunha maioría cualificada do 80%, e con votacións internas secretas e nominais.

UNIFOZ defende a trasparencia e, para iso, fai públicas na páxina web as súas contas da campaña electoral.

UNIFOZ cre que é necesario limitar o mandato dos cargos políticos a 8 anos, presentar listas abertas e regular por lei os salarios dos alcaldes ou alcaldesas e adicacións renumeradas.

UNIFOZ cre nas listas horizontais, onde todos os membros teñen os mesmos dereito e obrigas. Só figurarán verticalmente os nomes nas papeletas de votación, pero, en todo momento, o partido funcionará de xeito horizontal.

UNIFOZ é un equipo para un proxecto: “ Foz” , un proxecto sen ataduras”.

UNIFOZ é e será UNIFOZ antes e despois do 22 de maio. UNIFOZ pactará por un acordo de 13 concelleiros e non será ningunha sucursal doutra formación política
O noso compromiso é :
-Igualdade de oportunidades, un goberno xusto e un goberno transparente con luz, taquígrafo e con portas de cristal.
-Campaña limpa e transparente, sen insultos.
-Ningún membro do equipo de goberno de UNIFOZ traballará directa ou indirectamente para o concello.
-Goberno de dialogo, escoitando a xente.

-Plan estratéxico para a riqueza forestal, CONCENTRACIÓN DE MONTES e a súa explotación, así como o mantemento de pistas forestais.

-Pacto polo emprego, para a creación de postos de traballo con obxectivos claros que ofrezan máis e mellor servizo aos ciudadáns e cidadás, con listas de contratación púbicas e publicidade, acompañado dun plan de formación.

-Plan especifico para S.Sociais, co fin de facer público o servizo de atención a DEPENDENTES e duplicar a Axuda no Fogar.

-Plan especifico para a XUVENTUDE.

-Plan especifico para o Medio Rural.

-Plan de aforro enerxético.

Queremos mostrar o noso agradecemento ós/as veciños/as que nos acompañaron nos diferentes actos realizados ó longo deste percorrido.Moitas gracias.

UNIFOZ fará un acto de presentación da lista electoral o día 9 de abril, ás 22:15 h, no H.Leytón, no transcurso dunha cea.

(Prezo: 18 €. A reserva de tarxetas poderá facerse no H Leytón e tamén no local de UNIFOZ)

Exit mobile version