Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños de Xove e BNG poñen as ideas e o PP e Demetrio a foto.

Veciños de Xove e BNG poñen as ideas e o PP e Demetrio a foto.

é curioso e casual que o sr Demetrio se apropie das ideas dos vecinos de Xove e do grupo do BNG (será que non ten ninguna) e pra verificar estas verbas vou relatar varios exemplos por orde cronolóxica:

1- Dende o BNG vense pedindo reiteradamente dende principios do ano 1992 (pleno febreiro 92) o fomento e apoio ao comercio de Xove. o sr Salgueiro dí que grazas a él se revitalizou a ACIAM (dame a risa, e despois vota en contra dunha axuda pra ACIAM de 1000€). Pero para fotografarse cos da ACIAM polo curso de informática subencionado pola Xunta, non polo concello, non ten ningún reparo. O importante é a foto pra parecer que se goberna, iso mesmo, parecer, aparentar……

2- Aló polo pleno de maio do 1995 o BNG solicitou a gratuidade dos libros de texto. Isto logrouse co bipartito na Xunta de Galicia pero rápidamente o PP votouno abaixo cando voltou ao goberno.

3- A finais do 2002 levouse a pleno solicitar pra Morás unha lonxa e no 2004 casetas pra mariñeiros e os famosos pantaláns, que como sabedes o sr Salgueiro vendeuno a bombo e platillo na prensa nos primeiros días do mes de marzo do 2010 (non está mal, só tardaron 6 anos, e por certo obra de Portos non do concello)

4- Corría o ano 2003 cando dende o BNG se solicitou modificar o alumeado público para gastar menos a raíz da instalación daqueles famosos “collóns das farolas” e o sr Salgueiro no 2011, na era do alumeado led, volta a por na rúa Lavandeiras farolas con bombillas de vapor de sodio que gastan un 80% máis (claro, máis beneficio para os amigos de Fenosa e mostra da austeridade do PP). E agora sorpréndenos apuntándose a un plan de aforro enerxético promovido polo INEGA. (xa hai que ter descaro e doble moral, blanco e negro coma conveña)

5- Rúa Apeadoiro. O BNG solicitou o arranxo desta rúa no pleno de febreiro do 2005.

6- Pediatría: foi a finaís do 2006, principios do 2007 cando o BNG levou a pleno soliciatar ao Sergas máis horas de pediatría para o centro de saúde. No 2011, a iniciativa dos vecinos de Xove que recollen sinaturas pra volver reclamar o mesmo, o sr Salgueiro volta a sair na prensa pra decir que vai presentar a solicitude á Xunta (idea del tamén por suposto???)

7- Neste mesmo ano (2007) un grupo de vecinos pediu a mellora das pistas de acceso á Regueira por Regosangüento. Ista petición dos vecinos foi lembrada no pleno polo BNG para instar ao concello a que tomara as medidas oportunas.

8- E para rematar, tamén no 2007, coas firmas dos vecinos de Penas agudas, o BNG de Xove solicitou á Xunta a reelectrificación desta parroquia. Como sabedes estas cousas levan tempo e traballo (trámites, expropiacións, proxectos etc) e agora ven o sr Salgueiro presentarse coma o noso salvador a colgarse as medallas.

O aquí relatado pódese verificar recurrindo ás actas dos plenos, máis por moito que Demetrio se colgue as medallas e se apropie das ideas, éstas non foron del, senon que foron necesidades elementais e necesarias pra o progreso dunha vila e iniciativas dos veciños impulsadas todas elas polo BNG ante a ineficacia do goberno do PP ao longo de todos estos anos.

Que non se amole que sempre lle quedan os campionatos de tute pra facer a foto.

Asinado Lois

Exit mobile version