Site icon Crónica3.com A Mariña

O UPV Maristas Valencia desafía na trixésimo sexta xornada de prata a solidez do Burela FS

Nota de prensa
O VALENCIA DESAFÍA A SOLIDEZ DA BOMBONEIRA DENDE A TERCEIRA PRAZA

O UPV Maristas Valencia desafía na trixésimo sexta xornada de Prata a solidez do Burela FS na bomboneira dende a terceira praza. Vista Alegre acollerá o encontro o sábado ás 18.30 horas.

Nunha fin de semana na que se pode mover moito a táboa, os laranxas poñeranse a proba como o equipo menos goleado da categoría, na defensa da sétima praza (51 puntos), fronte a un rival dos mellores finalizadores, que para esta cita perderá o pichichi da competición, Jordi Lledó (43 tantos), sancionado con dous partidos de suspensión tras a expulsión en Navarra da semana pasada.

Un punto separa o cadro de Suso Rey de ElPozo Ciudad de Murcia, que deixou escapar a xornada onte ante o pechacancelas, Frontera Tobarra (3-4); a novena posición está custodiada polo UMA Antequera (49), que viaxará á pista do sexto, Zamora (53); e pelexando por coarse nos play off está o Lanzarote (45), que recibe dende o décimo posto o quinto clasificado, BP Andorra (55).

No entanto, os tres puntiños tamén lle virían moi ben ao Maristas. Despois de tres derrotas consecutivas, ante Zamora (3-2), Puertollano (2-4) e Navarra (1-5), os levantinos chegarán á Mariña con ganas de vitoria mirando o cuarto clasificado, Colegios Arenas Gáldar. Empatados cos valencianos (59 puntos), os canarios buscarán o podio na visita ao Ribera Navarra (75), segundo.

Homenaxe infantil. Coincidindo coa xornada de Prata, o club homenaxeará os infantís laranxas Renato e Christian, que se proclamaron campións de España con Galicia na cita da Confederación Nacional de Fútbol Sala celebrada en Ponteareas a fin de semana pasada.

Exit mobile version