Site icon Crónica3.com A Mariña

A área de Cultura da Deputación aporta 10 mil euros para actividades e Casa da Xuventude de Mondoñedo

Nota de prensa

*A ÁREA DE CULTURA ACHEGA 10.000 EUROS AO CONCELLO DE MONDOÑEDO PARA O
FINANCIAMENTO DE ACTIVIDADES E O MANTEMENTO DA CASA DA XUVENTUDE*

**

*O alcalde do concello, Orlando González, asinou o convenio na Deputación de Lugo*

**

LUGO, 22 de abril de 2011*.O alcalde deMondoñedo, Orlando González, asinou no
despacho do delegado de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, o convenio
mediante o que a Deputación de Lugo concede unha subvención de 10.000 euros ao
concello deMondoñedopara os gastos derivados do mantemento da casa da Xuventude,
así como para a realización de actividades no centro.

A Área de Cultura achega esta cantidade ao proxecto (denominado “Actividades e
mantemento da Casa da Xuventude”), que ten un orzamento total de 18.561 euros e
persegue o obxectivo de axudar ao concello a continuar ofrecendo actividades na
casa da Xuventude, así como colaborar no financiamento dos gatos de mantemento
do centro mindoniense.

A Casa da Xuventude de Mondoñedo é o escenario de múltiples actividades que se
realizan no concello, tales como torneos, certames ou representacións teatrais.
Con esta achega, a Área de Cultura continúa na súa liña de dar apoio a todos os
concellos de Lugo para que poidan realizar actividades culturais e de ocio ao
longo de todo o ano.

Exit mobile version