Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Península da Paz recaudará fondos para a Cabalgata de Reis de San Cibrao

Nota de prensa:
A ASOCIACIÓN CULTURAL “PENÍNSULA DA PAZ” VENDERÁ BOLOS PREÑADOS E EMPANADA ESTE VENRES EN SAN CIPRIÁN

· O obxectivo da venda é recadar fondos para a organización da Cabalgata de Reis no próximo Nadal.

Cervo, 26 de abril de 2011.- A Asociación Cultural “Península da Paz”, aproveitando o sorteo do Día da Nai organizado pola Asociación de Comerciantes Industriais e Autónomos de San Ciprián, venderá bolos preñados e empanada co obxectivo de recadar fondos para a organización da Cabalgata de Reis.

Dende a Asociación invitan a todos los veciños cervenses a que se acheguen o venres 29 de abril, a partir das 19:00 horas á prazoleta de San Ciprián, a degustar os bolos e a empanada. Con este simple xesto estarán achegando o seu graíño de area para a celebración dun evento tan simbólico como é a cabalgata de Reis. O colectivo cultural xa se encargou da organización desta cita festiva o pasado mes de xaneiro con grande éxito e aceptación entre a veciñanza.

Exit mobile version