Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación O Castro pide falar coa delegada provincial da Xunta para tratar da residencia de Foz

NOTA DE PRENSA.

A Asociación de Veciños “O Castro” solicita entrevistarse coa Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo para tratar a cuestión da residencia de anciáns de Foz

A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz vén de solicitar unha entrevista entre os seus representantes e dona Raquel Arias Rodríguez, Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, para tratar a cuestión da creación e posta en marcha da residencia de anciáns e centro de día en Foz, cuestión xa por si mesma importante, pero que se converteu en moi urxente á vista do acontecido nos últimos días co asilo. No escrito de solicitude proponse que a reunión teña lugar no local da Asociación toda vez que son coñecidas as visitas que a esta zona fai a Delegada Territorial continuamente

Exit mobile version