Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de Benestar de Burela organiza o Día do xubilado o 1 de maio

A concelleira de Benestar Social, Neves Cando, deu a coñecer que a 17 edición do día do xubilado terá lugar o 1 de maio. Desde o vindeiro luns, día 11, e ata o 25 de abril estará aberto o prazo para anotarse e participar nesta cita. Cando dixo que “as persoas interesadas deberán vir á Casa do Concello en horario de 8 a 15 horas, provistas do DNI e da tarxeta sanitaria. Poderán anotarse as persoas que se atopen nas seguintes situacións: estar empadroadas en Burela e ser maiores de 65 anos, ser pensionistas de xubilación ou invalidez da Seguridade Social ou ter pensión de viuvez con 60 anos cumpridos”.

Exit mobile version