Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de Turismo de Burela instalará cinco monólitos de sinalización de recursos turísticos

Nota de prensa

BURELA CONTARÁ  CON CINCO MONOLITOS DE SINALIZACIÓN DOS RECURSOS TURÍSTICOS DO CONCELLO.

Burela, 14 de Abril de 2011. O concelleiro de Industria, Comercio e Turismo de Burela, José González Legazpi, ven de informar que Burela contará con cinco monolitos de sinalización de planta e recursos turísticos.

O edil nacionalista destaca que “o concello de Burela disporá nos vindeiros días de cinco monolitos con información dos nosos recursos turísticos, con fondos coincidentes coa imaxe de marca de Burela. Estarán situados en distintas zonas do concello facilitando así a información turística máis transcendente a todas as persoas e primordialmente aos visitantes que se acheguen a coñecer e disfrutar dos recursos da nosa localidade.”

O concelleiro de Turismo, José González Legazpi, engade  que “estes sinalizadores de planta e recursos turísticos representan unha nova e interesante iniciativa que se complementa coa incorporación á plataforma de Cidades Dixitais, e que xunto con outras moitas iniciativas desenvolvidas nestes últimos anos son a consecuencia de que a nosa localidade tivera condicións de crecemento e valorizaran no ámbito turístico e por tanto se posibilitaran fortalezas para os sectores económicos nuns momentos de dificultade, promovéndose ao mesmo tempo posicionamentos de máxima calidade como destino turístico para Burela”.

Exit mobile version