Site icon Crónica3.com A Mariña

A Confradía Virxe do Carme-Mar de Foz presentou a asociación nunha asemblea informativa

Nota de prensa

A Confradía Virxe do Carme-Mar de Foz fixo unha Asemblea informativa ante os veciños para tratar os seguintes puntos:
– Presentación da Asociación
– Información sobre os fíns principais da Asociación.
– Inscripción Cofrades.
– Rogos e preguntas.

Neste acto presentouse as persoas que forman a directiva da Confradía,asi como se deu conta dos fíns cos que se formou dita asociación,que non é outro que intentar coordinar os actos liturxicos que se celebran o 16 de Xullo con motivo da festividade da Virxe do Carme,patrona dos mariñeiros,asemesmo como axudar e fomentar a elaboración e confección das alfombras florais.
Tamén hai unhos folletos para cubrir por todas aquelas persoas que queiran formar parte da Confradía,lembrar que a cuota que se acordou é de 12 € anuais,asi como reunirse outra vez despois da Semana Santa para  facer grupos de traballo e empezar a traballar cada un no seu campo,asi como organizar as persoas que se encargaran de portear a Virxe na procesión.
Agradecer a tódolos asistentes a súa participación e recordar os veciños/as que si queren formar parte deste proxecto e ser cofrades da Virxe do Carme,temos un formato para cubrir e dentro dunhos días faremos pública a entidade bancaria donde poden facer o ingreso ou domiciliar o pago.
Moitas grazas e un saúdo.

Exit mobile version