Site icon Crónica3.com A Mariña

A confraría do Desencravo presentará o sábado a Semana Santa de San Martiño 2011

Nota de prensa:
CONFRARÍA DO DESENCRAVO

SEMANA SANTA SAN MARTIÑO 2011

O vindeiro sábado día 9 de marzo ás 12:00 horas, terá lugar a presentación da “Semana Santa de San Martiño 2011” a cargo da Confraría do Desencravo, que este ano celebrará de forma especial o décimo aniversario desta celebración. O acto será no Salón de Actos da casa da Cultura.

Unha programación relixiosa, cultural e musical da que informará a presidenta da Asociación, Mónica Irimia e o seu portavoz José Ramón Vila, con especial atención á “Semana da Música Xosé Alonso” , na súa sétima edición. Acompañarán aos membros da Confraría, o Alcalde do Concello de Foz, José Mª García Rivera, o Cronista Oficial de Foz, Suso Fernández e o cura parroco D. Antonio Domínguez.

Así mesmo, acudirán e acompañarán neste acto de presentación, confrades e representantes veciñais e culturais. Destacar que é unha das programacións máis relevantes do panorama anual do Concello de Foz.

Exit mobile version