Nota de prensa
O CONCELLO PON EN MARCHA A TERCEIRA TEMPADA DO PROGRAMA ‘EDUC@ANDO’
Esta iniciativa é gratuíta e consiste na celebración de obradoiros e talleres educativos para os alumnos de ensino infantil, primaria e secundaria; e tamén para as súas familias.
Esta iniciativa, que dará comezo mañá, 7 de abril, é de carácter gratuíto e deuse a coñecer esta mañá no Concello de Cervo pola concelleira de Educación Yolanda Pedreira.
Os talleres, que se desenvolverán nas aulas dos tres centros educativos do concello fora do horario lectivo, son de moi diversas temáticas. Para os rapaces e rapazas está previsto desenvolver talleres de monicreques, inglés, mecanografía, informática, internet, interacción social e autoestima; así como técnicas de estudio. Ademais, tamén hai previsto unha serie de talleres que van dirixidos a os nenos e ás súas familias. Neste caso os obradoiros centraranse en áreas coma a prevención do absentismo escolar.
Segundo indicou a concelleira de Educación do Concello de Cervo, Yolanda Pedreira, o programa “Educ@ando” ten por obxecto “servir nalgúns casos coma reforzo do curso escolar e noutros de complemento para á súa formación e tamén a dos seus pais”. A responsable municipal agradeceu a colaboración da Xunta de Galicia para a materialización deste programa e salientou a receptividade amosada tanto polos equipos directivos dos CEIPS Cervo, Cervo nº1 e IES Marqués de Sargadelos; así como polos consellos escolares destes tres centros de ensino “os cales cederon moi gustosamente as súas instalacións para que se podan desenvolver estas actividades” sinalou.
Pedreira convidou a toda a comunidade escolar do concello e aos seus pais a participar nesta actividade. “En vista da boa resposta acadada nas anteriores edicións estamos seguros que estes talleres terán tamén unha boa acollida, xa que é unha oportunidade de combinar a diversión coa formación dos nenos e nenas do noso municipio e tamén dos seus pais e nais”.