Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación acomete en Riotorto obras do Plan de Comunidades Veciñais por importe de 47.300 euros

Nota de prensa

A Deputación acomete este ano en Riotorto obras do Plan de Comunidades Veciñais por valor de 47.300 euros

– Gómez Besteiro supervisou a execución dos traballos do programa de cooperación cos veciños desenvolvido en 2010 no concello mariñano

– O organismo provincial aporta 23.500 euros – a metade do presuposto necesario- para executar as obras comunitarias proxectadas este 2011 no municipio, consistentes na mellora de fontes, dúas igrexas e pistas

A Deputación de Lugo acomete este ano en Riotorto obras do Plan de Comunidades Veciñais por un valor global de máis de 47.300 euros. Trátase de actuacións para o acondicionamento de fontes, rehabilitación de dúas igrexas e mellora de pistas. A achega da Deputación para levar adiante estes traballos é de preto da metade do orzamento total necesario, isto é, 23.500 euros, mentres que o resto será aportado polas entidades asociativas que solicitaron os proxectos.

Gómez Besteiro supervisou precisamente este venres as obras do programa de cooperación cos veciños desenvolvido en Riotorto no 2010, pero tamén estivo neste municipio para participar na procesión do Desencravo celebrada na parroquia de San Pedro. O presidente estivo acompañado polo portavoz socialista no Concello, José García Freije.

No conxunto da provincia de Lugo, acométense 295 obras a través do Plan de Comunidades Veciñais do 2011. A inversión é de 3,4 millóns de euros, dos que a Deputación achega o 67,6%, é dicir, 2,3 millóns. Este plan subvenciona pequenas actuacións que os concellos non poderían acometer sen a colaboración do organismo provincial. É o caso de pequenos abastecementos de auga potable, saneamentos e pavimentacións, rede de sumidoiros, alumeado público ou acondicionamento de camiños rurais.

Exit mobile version