Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación executará preto de 300 obras nos Concellos por valor de 3,4 M€ co Plan de Comunidades Veciñais

Nota de prensa:
A Deputación executará preto de 300 obras nos Concellos por valor de 3,4 M€ co Plan de Comunidades Veciñais

– A Xunta de Goberno aprobou as actuacións contempladas nesta iniciativa para as que destina preto do 70% do importe total, en total 2,3 millóns de euros

– Rexistráronse 584 solicitudes de obras de entidades asociativas de toda a provincia, agás de Rábade que non presentou ningunha

– O Plan foi aprobado pola Comisión de Avaliación na que participaron todos os grupos políticos. “Dende que este equipo de goberno entrou na Deputación, por primeira vez a oposición ten a oportunidade de tomar parte. Ademais, agora as asociacións cóbrannas rapidamente”

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres as obras do Plan de Comunidades Veciñais de 2011 co que o organismo provincial seguirá aumentado a cooperación cos Concellos da provincia. Deste xeito, un total de 295 entidades asociativas beneficiaranse doutras tantas obras que se executarán ó longo deste ano e que 3,4 millóns de euros. Desta cantidade, a Deputación achega o 67,6%; é dicir, 2,3 millóns, e as asociacións veciñais, o 29% restante, 1 millón de euros. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, subliñou que “este ano adiantamos en dous meses a posta en marcha desta iniciativa porque se trata dun bo modelo para axudar ós Concellos nestes momentos nos que teñen tantos problemas de liquidez”.

Trátase dunha iniciativa que mellora as economías locais, xa que está destinada ás parroquias dos Concellos. En total, asociacións de todos os Concellos, agás do de Rábade que non presentou ningunha, realizaron 584 solicitudes de obras, que ascenden a 5 millóns de euros. O Plan foi aprobado pola Comisión de Avaliación na que participaron os grupos políticos. “Dende que este equipo de goberno entrou na Deputación, por primeira vez a oposición ten a oportunidade de tomar parte na valoración. Ademais, agora as asociacións cóbrannas rapidamente, dende o momento que as xustifican. As de 2010 están todas practicamente tramitadas”, engadiu Antonio Gato.

Deste xeito, subvenciónanse pequenas obras que os Concellos non poderían acometer sen a colaboración da Deputación. É o caso de pequenos abastecementos de auga potable, saneamentos e pavimentacións, rede de sumidoiros, alumeado público ou acondicionamento de camiños rurais.

As axudas que concede a Deputación para calquera das actuacións non supera os 12.000 euros, é dicir, o 75% do importe total da obra, de xeito que o 25% restante é aportado polos colectivos veciñais. Precisamente, na sesión de hoxe aprobáronse 9 contas xustificativas do Plan de 2010 por importe de 95.219 euros, dos que a Deputación achega 72.823. Pertencen ós Concellos de Triacastela (2), Sarria (2), Meira, Navia de Suarna, Palas de Rei, O Vicedo e Riotorto.

Máis colaboración

Esta iniciativa súmase a outras que o organismo provincial puxo en marcha como o Plan de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes. Nos 54 municipios, que se atopan dentro deste grupo, acometeranse este ano actuacións por valor de máis de 1,5 millóns de euros.

En 2011, este Plan experimentou un incremento de máis do 30% con respecto a 2010, data na que a achega do organismo provincial foi de 800.000 euros. Deste xeito, a aportación da Deputación deste ano é de 1.042.307 euros, o 67,87% do orzamento total e, a dos Concellos, o 32,12% restante: 493.297 euros.

Outros acordos da Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno tamén aprobouse a adxudicación de tres novas actuacións dentro do convenio de 1 millón de euros do Plan Extraordinario de Obra Pública que o Presidente subscribiu con 9 Concellos da provincia. Trátase da reforma do alumeado na Praza da Mariña e nas rúas Manuel Murguía, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, así como do axardinamento da Avenida Arcadio Pardiñas, en Burela. Estes proxectos suman un total de 267.899 euros. Tamén se adxudicou o subministro da instalación de bombas para impulsión de augas residuais nas parroquias de Cangas e Pontevella, en Foz, por valor de 146.379 euros.

Asimesmo, fóra da Orde do Día e dentro do canon, aprobouse o acondicionamento do acceso das Neves a Xián, dende o punto quilométrico 4 ó 6,940; en Taboada. O investimento que realiza a institución provincial neste caso é de 132.424 euros. Tamén se ratificou a proposta para solicitar á Universidade de Santiago de Compostela que garanta o seu mantemento das titulacións necesarias para garantir que o profesorado, o estudantado, así como o persoal investigador continúen desenvolvemento a súa actividade no Campus lucense. O acordo será trasladado ó Reitor da USC, Juan Casares Long.

TITULAR CONCELLO CONCEPTO ORZAMENTO SUBVENCIÓN
Aniceto Seijo Díaz. Abadín Adecuación da rede de abastecemento de auga de Alaxe. 9.400,00 7.050,00
Albino Oseira Lorenzo Abadín Desbroce e afirmado de camiño “Da Corda”. 12.000,00 9.000,00
Asociación veciñal “O Cruceiro da Lamagrande”. Abadín Execución de aceras no cemiterio parroquial. 4.425,00 3.318,00
Asociación cultural “Ponte Vella”. Abadín Acristalamento dunha pergola ornamental. 9.400,00 7.050,00
José  Antonio Goas Geada. Alfoz Alumeado público. 14.994,98 11.246,24
José  María Expósito Rodríguez. Alfoz Acondicionamento de accesos a barrios. 17.550,14 12.000,00
Comunidade usuarios traída augas Santa Mariña. Antas de Ulla Melloras no camiño de “O Coto”. 16.000,00 12.000,00
Comunidade usuarios traída augas Santa Mariña. Antas de Ulla Mellora en lugares públicos de Santa Mariña. 2.670,00 2.000,00
Fidel Blanco Cambeiro. Antas de Ulla Recuperación da fonte de Santiso. 16.000,00 12.000,00
Asociación veciñal “Os Carreiros”. Antas de Ulla Melloras en acceso Os Carreiros. 8.000,00 6.000,00
José  Antonio Fernández López. Antas de Ulla Local social. 9.335,00 7.000,00
Fernando Mosteiro Iglesias. Antas de Ulla Melloras no camiño vello de O Pumar a Lebesende. 4.000,00 3.000,00
Aitziber Escobal Fernández. Baleira Muro e ensanche de camiño ((igrexa de Martiño). 14.080,00 10.560,00
Javier Nogueira Fernández. Baleira Presa do muiño. 16.000,00 12.000,00
Monte veciñal en man común de Fonteo. Baleira Acondicionamento campo da festa – reparar muro. 15.070,10 11.302,58
José  Tellado Fernández. Baleira Acondicionamento camiño, lavadero e muiño. 15.045,00 11.200,00
Fé  Fernández Amado. Baralla Alumeado público de Aspora e Vilarello. 5.322,92 3.992,19
José  Fernández López. Baralla Camiño de acceso a Recesende (camiño de Augas Blancas) 16.000,00 12.000,00
Antonio Pardo Roda. Baralla Camiñlo e ponte de acceso a Vilachambre. 14.000,00 10.500,00
Asociación de veciños “San Pastor”. Barreiros Colocación de portalón en local social. 11.746,80 6.200,00
Asociación “Virxe do Carmen”. Barreiros Acondicionamneto entrada centro social, servicio e parrilla. 8.270,00 5.200,00
Asociación de veciños “O Cazcalla de Villamar”. Barreiros (cuarta fase) acondicionamento área recreativa de Vilamar. 6.248,75 4.600,00
José  Manuel García Cela. Barreiros Colocación biosaludables e bancos. 7.200,00 5.100,00
Asociación de veciños de “Arealonga”. Barreiros Saneamento da zona Amedos – As Pedreiras. 11.920,00 8.700,00
Asociación de veciños “San Miguel”. Barreiros Canalización de augas San Miguel. 12.900,00 9.200,00
Joaquín Dorado Docobo. Barreiros Solo parque infantil biosaludable e paneles informativos. 7.660,00 5.300,00
César Lombardía Alvarez. Becerreá Formigonado camiño da igrexa. 16.000,00 12.000,00
Asociación cultural veciñal “Agueira”. Becerreá Construción local social, depósito auga e escollera. 15.999,99 11.999,99
Parroquia San Juan de Becerrá. Becerreá Renovación cuberta igrexa parroquial. 15.991,95 11.993,96
Centro recreativo, cultural e deportivo de Baamonde. Begonte Pasarela (segunda fase) e mantemento xeral do recinto. 15.000,00 6.000,00
Asociación de veciños “O Castro de Begonte”. Begonte Arranxo muro campo da festa (segunda fase). 25.000,00 6.653,03
Asociación cultural de “Illán”. Begonte Acondicionamento local social. 8.000,00 6.000,00
Asociación veciños “Feira do Barrazoso de Gaibor”. Begonte (segunda fase) acondicionamento local social. 8.000,00 6.000,00
Asociación cultural deportiva “Santiago de Felmil”. Begonte Acondicionamento e arranxo do local social (terceira fase). 7.500,00 5.625,00
Jose Antonio Vilela Varela. Begonte Acondicionamento e reparación entorno da fonte de Nosa Señora. 8.000,00 6.000,00
Monte veciñal man común de Bóveda-Begonte. Begonte Melloras na casa escola de Bocacarreira. 8.200,00 6.150,00
Monte veciñal man común de “Ribas Pequenas”. Bóveda Obra e equipamento parque biosaludable. 15.367,14 11.525,35
Asociación deportiva club fútbol “Bóveda”. Bóveda Instalación de placas solares para auga calente. 7.704,22 5.778,17
Asociación desarrollo rural “San Cristobo de Guntín”. Bóveda Acondicionamento camiño “Xunquedo”. 15.074,60 11.305,95
Comunidade de montes veciñais man común de Vilalpape. Bóveda Acondicionamento fonte pública e entorno. 8.000,00 6.000,00
Club náutico Burela. Burela Reparación cuberta tellado. 17.700,00 12.000,00
Fundación Eu Son. Burela Dotación de equipamento para centro ocupacional. 13.823,86 7.298,18
AA.VV. San Juan Bautista – Antonio Garelly. Burela Saneamento e extración de materiales corrosivos nos tellados e reparación parcial destos. 16.000,00 12.000,00
Asociación de veciños barrio de Puga. Carballedo. Acondicionamento camiño barrio. 15.981,71 11.900,00
José  Antonio López Carballes. Castro de Rei Alumeado público no barrio dos Currás. 8.105,56 6.079,17
Comunidade montes veciñais man común “Rodela de Ludrio”. Castro de Rei Construción pista para fútbol e baloncesto, de formigón. 16.000,00 12.000,00
Asociación “Amigos da Feira”. Castro de Rei Reposición dos pontellos da ruta do Azúmara. 10.148,00 7.611,00
Asociación mulleres rurais “A Xuntanza”. Castro de Rei Dotación de calefación e tratamento exterior da escola de Outeiro. 8.606,13 6.454,60
José  Manuel Carballo Ferreiro. Castro de Rei Acondicionamento exterior e interior da igrexa de Azúmara. 8.000,00 6.000,00
Comunidade montes veciñais man común “San Miguel de Páramo”. Castroverde Restauración da igrexa parroquial (segunda fase). 17.156,95 8.000,00
María Angeles Barreiro Irimia. Castroverde Rexeneración do camiño da igrexa. 7.500,00 5.500,00
Jesús Castro orosa. Castroverde Traída de augas en Pumareda. 11.000,00 8.000,00
Enrique Gómez Núñez. Castroverde Mellora do camiño de Angueiros. 6.000,00 4.000,00
José  Luís Pociña Díaz. Castroverde Acceso as fontes de Outeiro de Vellas. 6.000,00 4.000,00
Comunidade monte veciñal man común “Chao da Serra e Chao da Travesa”. Castroverde Reconstrución muro da igrexa de Miranda. 7.200,00 5.000,00
Ana Belén Castosa López. Cervantes Acondicionamento de camiños en Castelo de Casi. 16.380,03 12.000,00
Jesús López López. Cervantes Restauración dun muro en Vilaquinte. 29.584,18 12.000,00
Asociación de veciños de “Rúa Candelaria”. Cervo Ampliación de grada e pavimentación accesos campo fútbol. 15.939,56 11.954,67
Asociación de veciños de “Cervo e Sargadelos”. Cervo Instalación de barandilla protectora en beirarrúas Avda. Galicia/rúa igrexa. 16.224,58 12.000,00
Asociación de montes veciñais “Costa e Pena do Castelo”. Cervo Acondicionamento do camiño do monte veciñal da Costa. 16.400,00 12.000,00
Comunidade montes veciñais man común de Villaestrofe. Cervo Asfaltado de terreo de servicio do cemiterio. 16.000,00 12.000,00
Asociación socio-cultural “Ponte da Salgueiriña”. Cervo Reemisor TDT en Figueirido. 14.680,00 11.000,00
Centro de Iniciativas Turísticas. Cervo Reparación de servicios do local social. 8.875,00 6.656,00
José  Luís Ferreiro Fouce. O Corgo Traída de augas de Vilanova. 16.000,00 12.000,00
Asociación de veciños de “Franqueán”. O Corgo Abastecemento auga potable á  parroquia de Franqueán. 85.820,57 12.000,00
Asociación de veciños “Piñeiro-Quetexende-Laxe Blanca”. O Corgo Acondicionamento camiño local Quetesende-Vilaceleiro. 25.753,00 12.000,00
Javier Neira Vieito. O Corgo Acondicionamento acceso a Ponte sobre o río Tórdea e colocación de balaustrada metálica. 17.839,80 12.000,00
Asociación mulleres rurais “Xermar”. Cospeito Pintado interior e torre da igrexa. 4.932,40 3.699,30
“Aver”, Asociación de veciños de Arneiro. Cospeito Acondicionamento exterior da igrexa e campanario. 11.600,00 8.700,00
Jesús Rego Hermida. Cospeito Lavado e pintado exterior da igrexa de Pino. 5.900,00 4.425,00
José  María Labrada Fernández. Cospeito Pintado e lavado da igrexa de Villapene. 4.700,00 3.525,00
Luís Leiras Yáñez. Cospeito Acondicionamento exterior da igrexa de Santa Cristina. 4.200,00 3.150,00
Asociación de veciños “Santalla de Rioaveso”. Cospeito Equipamento mobiliario local social. 1.656,72 1.242,54
Asociación veciñal “A Pena Cospeito”. Cospeito Perforación pozo artesano suministro auga a local social. 2.990,00 2.242,50
Monte veciñal man comín de “Regavella-Muimenta”. Cospeito Restauración parte do tellado da igrexa parroquial. 16.200,00 12.000,00
Asociación veciños “O Cruzeiro de San Pedro de Seixas”. Cospeito Cerramento do campo da festa (terceira fase). 5.369,00 4.026,75
Asociación de veciños “Xentes de Xustás”. Cospeito Arranxos na pista polideportiva. 16.000,00 12.000,00
Asociación de veciños de “Santiago de Requeixo”. Chantada Acondicionamento do local social e campo da festa. 12.521,66 9.350,00
Asociación de veciños “Torre de Arcos”. Chantada Acondicionamento do local social de Arcos. 16.465,83 12.000,00
Asociación para o desenvolvemento de “Sabadelle”. Chantada Arranxo da casa escola. 16.571,22 12.000,00
Encarnación Esperanza López Díaz. Folgoso Caurel Pavimentación acceso Liñariños. 16.000,00 12.000,00
Eliberto Barreiro Aira. Folgoso Caurel Acondicionamento camiños e accesos Campelo. 16.000,00 12.000,00
María Isabel Marcos Paez. Folgoso Caurel Acondicionamento camiño Cima de Vila e Vales. 16.000,00 12.000,00
José  Fernández Jato. Folgoso Caurel Acondicionamento igrexa Noceda. 16.000,00 12.000,00
Elías Fernández Yaéz. A Fonsagrada Restauración da capela de Vilabol. 11.003,50 8.200,00
Asociación de veciños de “Arquide”. A Fonsagrada Acondicionamento do camiño de acceso a capela e colexio. 5.104,16 3.800,00
Comunidade usuarios Louteiro-Llán. A Fonsagrada Peche do perímetro das fontes da traída de auga. 5.128,00 3.846,00
Asociación mulleres rurais “Alvorada”. A Fonsagrada Pasarela peatonal en Lamas de Moreira. 6.381,16 4.700,00
Asociación de veciños de “Cuiñas”. A Fonsagrada Acondicionamento teleclub. 10.425,89 7.500,00
Fundación asilo de la Santísima Virgen del Carmen. Foz Cambio portas e ventanas e arranxo goteiras. 8.000,00 5.000,00
Concello pastoral parroquial San Campio. Foz Reparación de muro de escollera. 15.094,84 10.321,13
Asociación de veciños “San Blas de Vilaxoane”. Foz Acondicionamento área recreativa e pistas e arranxo chan capela. 14.532,00 10.899,00
Asociación de veciños “San Xulián de Cordido”. Foz Arranxo pista. 4.500,00 3.375,00
Agrupación deportiva “San Xulián de Nois”. Foz Mellora e ampliación do sistema de rede datos do local social. 896,42 672,32
Foz club de tenis. Foz Acondicionamneto e mellora de pista de tenis. 14.582,74 7.000,00
Asociación cultural “Xira dos Fondas”. Foz Colocación duas marquesiñas. 6.586,00 4.900,00
María del Carmen Corral Pérez. Friol Arranxo de dous camiños en Narla. 5.000,00 3.450,00
Catalina Rivas Fernández. Friol Acondicionamento de camiño público desde Guldriz a Seixalbo. 5.000,00 3.500,00
Isamel Torres Amil. Friol Mellora de acceso a vivenda en Loureiro. 8.350,00 5.814,00
José  Vidal Varela. Friol (segunda fase) acondicionamento de acceso a vivenda en Pacio. 7.000,00 4.900,00
Juan Carlos Pérez Vázquez. Friol Adecentamento delante vivenda en Serén. 5.450,00 3.805,00
Comunidade de usuarios “Fonte Culebra”. Friol Rehabilitación manantial e condución de auga. 23.701,42 9.371,00
Josefa Pedrido Bayo. Friol Mellora acceso a domicilio en Milmañas. 1.800,00 1.260,00
Jesús Marques Roca. Friol Mellora parcial camiño de Edreira a Retede. 5.000,00 3.500,00
Monte veciñal man común de Trasparga. Guitiríz Aparcadoiro de Trasparga. 11.814,00 7.000,00
Monte veciñal man común “Santa Leocadia”. Guitiríz Acondicionamento e conservación de camiños e praza xunto a colexio. 15.918,67 8.000,00
Luís Méndez López Guitiríz Subministro eléctrico igrexa San Alberte. 19.024,76 9.000,00
Asociación “A Veciña de Roca”. Guitiríz Rehabilitación escola de Roca. 15.943,04 9.000,00
Asociación de veciños “San Román de Retorta”. Guntín Rehabilitación de fonte pública de Xanaz. 6.000,00 4.500,00
Comunidade veciños San Cibrao Monte de Meda. Guntín Campo baloncesto cuberto (segunda fase). 19.125,44 12.000,00
Comunidade de veciños de Santa María de Zolle. Guntín Substitución cuberta da antiga escola de Santa María de Zolle. 16.150,00 12.000,00
Comunidade titulares monte común monte Maior e Alto do Pousadoiro. O Incio Acondicionamento camiños agropecuarios. 11.420,00 8.500,00
Manuel González Jato. O Incio Acondicionamento do camiño da Agra. 7.150,00 5.300,00
Miguel Díaz Martínez. O Incio Mellora de camiño agropecuario en Bardaos. 9.952,00 7.400,00
María José García Rodríguez. O Incio Traída veciñal en Saa. 3.545,00 2.650,00
Monte veciñal man común de Illoa, Picos e Serra. Láncara Reparación de camiños en Outeiro e o Chmpan. 8.200,00 6.150,00
Monte veciñal man común de Illoa, Picos e Serra. Láncara Reparación de camiño e fonte veciñal de Piqueira. 8.700,00 6.525,00
Julio Fole Díaz. Láncara Reparación camiño Penas-Chas. 2.006,00 1.504,50
José  Ramón García Alvarez. Láncara Reparación da capela de Toirán. 9.000,00 6.750,00
Asociación veciñal de “Castelo de Galegos”. Láncara Reparación camiño Tras dos Prados. 4.130,00 3.097,50
Luís Piñeiro López. Láncara Reparación camiño da fonte, en Villadiga. 4.130,00 3.097,50
Asociación veciños socio-cultural e medioambiental de “San Adriano”. Lourenzá Dotación de medidas de seguridade no entorno do local social. 9.000,00 6.750,00
Asociación veciños socio-cultural e medioambiental “San Pedro Fiz”. Lourenzá Arranxo de pistas forestais. 13.200,00 9.000,00
Arsenio Rico Carracedo. Lourenzá Construción local social na área recreativa de Cubela. 9.375,20 7.000,00
Club tiro con arco “Lucus Augusti”. Lugo Instalación de canalones en galería de tiro e peche fosa. 1.400,00 1.050,00
Asociación veciños “Toxo Longo San Salvador de Outeiro”. Lugo Peche perimetral do campo da festa. 16.525,23 12.000,00
Asociación cultural “San Miguel Pico de Fornos”. Lugo Traída auga potable para núcleos. 16.000,00 12.000,00
Asociación veciñal “El Teide de San Vicente de Coeo”. Lugo Delimitación asfaltado campo veciñal e colocación asentos de pedra. 4.732,63 3.500,00
Asociación cultural, xuvenil e veciñal “O Castro”. Lugo Substitución e acondicionamento de depósito de auga e instalación fosa séptica. 17.492,32 12.000,00
Asociación de veciños “San Pedro de Soñar”. Lugo Cimentación, peche, tela metálica e arbolado campo da festa (segunda fase). 17.400,00 12.000,00
Asociación de mulleres emprearias da provincia de Lugo. Lugo Acondicionamento local social – mobiliario. 3.990,00 2.990,00

Asociación veciños “As Carballeiras de Bosende-Paredes-Anguieiro”.

Lugo Instalación calefacción na escola (local social). 8.496,00 6.372,00
Asociación veciños cultural e deportiva de “San Xoan de Tirimol”. Lugo Mellora da accesibilidade e da seguridade do centro social. 11.250,00 8.437,50
Asociación de veciños de “Gondar”. Lugo Camiño fonte dos Ollos a Madorra. 16.000,00 12.000,00
Asociación veciñal Puentenuevo de Rebordaos Veral. Lugo Pista río Mera-ponte Liñares. 12.000,00 7.000,00
Asociación cultural de San Mamed de los Angeles. Lugo Cociña do local social. 9.000,00 6.500,00
Asociación Lucense de axuda a enfermos mentais (ALUME). Lugo Adquisición equipamento mobiliario e informático no local social. 21.000,00 10.000,00
Asociación de veciños de “Vilar de Mouros”. Meira Rehabilitación local social. 14.902,22 11.176,66
Manuel Ares Ocampo. Meira Apertura e acondicionamento camiño entre Corvaceiras e Irimia. 15.974,80 11.981,10
Asociación de veciños da parroaua “do Carme”. Mondoñedo Acondicionamento do entorno e escola do Carme. 11.781,54 8.800,00
Asociación de veciños “Val de Vilamor”. Mondoñedo Acceso e acondicionamento campo da festa (primeira fase). 16.000,00 12.000,00
María Isabel Cabanas Bermudez. Mondoñedo Acondicionamento dun tramo do camiño da Fabega. 11.143,06 8.300,00
Gloria María Prada Rodríguez. Monforte Lemos Pintura e señalización vidal das rúa do barrio. 16.000,00 12.000,00
Asociación de veciños de “San Ciprián de a Vide”. Monforte Lemos Mellora do camiño da Recacha. 16.144,00 12.000,00
Asociación veciños “As Nocedas”. Monforte Lemos Obra del camiño de “A Veiga”. 16.130,00 12.000,00
Julio Vázquez Berao. Monforte Lemos Camiño As Pereira a Cotarelo. 16.265,00 12.000,00
Luís Rodríguez Ferreiro. Monterroso Bacheo e selado camiño de Traslama a Ansar. 16.000,00 12.000,00
Angel Soengas Villanueva. Monterroso Formigonado do núcleo de Seixós. 16.000,00 12.000,00
José  Luís Vázquez García. Monterroso Formigonado do núcleo de Leborei. 16.000,00 12.000,00
José  Trastoy Reigosa. Muras Pista – camiño da Funquexeira – A Balsa. 11.973,78 8.972,83
Amador María Vázquez Trastoy. Muras Acondicionamento camiño do Curro. 11.673,03 8.754,77
José  Antonio Candia Ramudo. Muras Acondicionamento camiño de Os Campos. 4.168,94 3.126,00
María Antonia Pernas Durán. Muras Acondicionamento camiño de O Chao. 11.982,22 8.986,66
Camelia Gómez Barro. Muras Acondicionamento camiño de Pascal. 11.946,64 8.959,98
Manuel Gómez Pardo. Navia de Suarna Mellora iluminación pública nos núcleos de Faquis, Asar e Prebelo, e mellora do muro existente cemiterio. 15.000,00 11.250,00
José  Ramón Pérez López. Navia de Suarna Mellora iluminación pública en Trabadelo, Navallos, Nuñis e Penedo. 15.500,00 11.625,00
Ramiro Díaz López. Navia de Suarna Construción dun muro en Ventosa. 16.000,00 12.000,00
Monte veciñal man común de “Gamalleira”. Negueira Muñiz Camiño de acceso a zona de ocio. 25.000,00 12.000,00
José  Manuel Pérez Chao. As Nogais Arranxo da pista de acceso As Fontes. 16.000,00 12.000,00
Carlos Romeo Bouza. Ourol Reparación accesos en O Vilar e Leborada. 11.657,55 8.700,00
Asociación veciños de los Burgos de Lobeiras, Nogueiroa, Caxoto, Leonte, Cerdeiras, Vilabuín e Atián. Ourol Pavimentación aparcadoiro igrexa. 16.029,71 12.000,00
María Pilar Gómez Rodríguez. Ourol Reparación acceso en Os Xuncas e O Porcado. 6.257,51 4.693,13
Manuel Cillero Quiza. Ourol Construción horno en cemiterio parroquial. 4.506,01 3.379,51
José  Moreno Vila. Outeiro de Rei Acondicionamento térmico da igrexa parroquial de Vicinte. 5.487,00 4.100,00
Carlos Castiñeiras Vázquez. Outeiro de Rei Acondicionamento térmico e arranzo no interior da igrexa de Aspai. 11.365,44 8.500,00
José  Manuel Carral Méndez. Outeiro de Rei Acondicionamento acceso ao barrio de Carballeira. 6.935,45 5.201,59
Alicia Mejuto Castiñeira. Palas de Rei Equipo sonido igrexa parroquial. 2.260,88 1.695,66
Asociación de veciños cultural e deportiva “San Vicente de Ulloa”. Palas de Rei Camiño do Couso a Carballedo. 13.115,70 9.836,78
José  Antonio Blanco Prado. Palas de Rei Camiño de Luxilde. 10.622,36 7.966,77
Manuel Vázquez Valle. Palas de Rei Acondicionamento camiño das Fontelas. 17.682,30 12.000,00
José  Abad Villamor. Palas de Rei Equipo sonido igrexa parroquial. 2.260,88 1.695,66
José  Manuel Freire Rouco. Palas de Rei Acondicionamento da pista de Filgueira do Careón. 15.930,00 11.947,50
Alicia Ferreiro González. Palas de Rei Apertura camiño e rehabilitación e acceso fonte veciñal en Moredo. 10.965,00 8.223,75
Asociación de veciños Santo Cristo. Pantón Edificio para local social (terceira fase). 10.500,00 3.000,00
AA.VV. Sta. Mariña de Eiré-Virxe de Recedendes. Pantón Equipamento mobiliario local social. 3.335,00 2.500,00
Asociación de veciños “Fonte de San Xurxo”. Pantón Peche do terreo da asociación. 5.000,00 3.000,00
Asociación de veciños de “Bazal”. Pantón Formigonado de camiño (segunda fase)(Rouso do pozo a depósito auga). 3.350,00 2.500,00
Julia Quiroga Rodríguez. Pantón Arranxo fonte de Rai. 4.300,00 2.000,00
Fernando Fernández Rodríguez. Pantón Camiño da Ribeira (segunda fase). 6.000,00 4.500,00
Asociación de veciños “San Martín de Pantón”. Pantón Encintado local social, muro, e votar tellado sacristía igrexa. 9.067,00 6.800,00
Angel Vega González. Pantón Votar novo tellado a igrexa de San Julián de Eiré. 4.000,00 3.000,00
Julio Varela Rodríguez. Paradela Reparación da cuberta da igrexa de San Xoan de Loio. 25.000,00 12.000,00
Fernando Abella López. Paradela Pavimentación acceso aos núcleos de Higón-Castro S. Mamede. 8.515,00 5.960,00
Guillermo Castro González. Paradela Canalización traída de auga e un depósito de almacenamento en Paredes de abaixo. 25.316,90 12.000,00
Jesús Armesto Rodríguez. Paradela Afirmado do camiño de Suar a Celmán. 10.000,00 6.000,00
Asociación veciños “San Xoan de Friolfe”. O Páramo Cementerio parroquial (solado e acondicionamento). 3.995,00 2.996,25
Asociación de veciños, cultural e deportiva “Lares Unidos”. O Páramo Adquisición mobiliario e equipamento. 3.999,00 2.999,00
Asociación veciñal e cultural “Aldea Nosa”. O Páramo Mellora accesos na Corga. 14.667,00 11.000,25
Asociación “Terras de Friolfe”. O Páramo Arranxo camiño. 3.999,00 2.999,00
Asociación de veciños e cultural “O Cruceiro de Saa”. O Páramo Mellora entorno igrexa e acondicionamento taxea. 6.668,00 5.000,00
Asociación veciños e cultural a “Augas Ferreas”, de Vileiriz. O Páramo Acondicionamento camiños e adquisición mobiliario. 8.000,00 6.000,00
Asociación veciñal “Paredes Pico”. O Páramo Acondicionamento local social. 3.999,00 2.999,00
Asociación medio-ambiente e socio-cultural de veciños de “Baltar”. A Pastoriza Substitución do tellado da capilla. 12.584,12 9.438,09
Monte veciñal man común de “Saldanxe”. A Pastoriza Acondicionamento campo da festa. 16.223,82 11.900,00
Perfecto Murado García. A Pastoriza Construción dun depósito de incendios en Crecente. 17.369,51 11.950,00
Asociación veciños en cooperación para o progreso da parroquia de “A Regueira Arrega”. A Pastoriza Reparación da traída de auga. 17.260,45 12.000,00
Monte veciñal man común de “Piedrafita”. P. do Cebreiro Acondicionamento de fonte, catación e condución de auga. 8.000,00 6.000,00
Emiliano Pol Ferreiro. P. do Cebreiro Reposición tubería de auga e reparación de fonte pública. 12.000,00 9.000,00
Asociación veciños “Chan de Pena-Montaña de Pedrafita do Cebreiro”. P. do Cebreiro Reparación de firmes e tubería de pluviais. 8.000,00 6.000,00
Manuel Galán López. P. do Cebreiro Reparación de fonte e muros. 8.000,00 6.000,00
Asociación de veciños de “Saa”. P. do Brollón Sistema de calefacción eléctrico local social. 2.879,50 2.100,00
Asiociación veciñal de “Piño Santa Barbara”. P. do Brollón Restauración de tres fontes. 15.340,00 10.500,00
Asociación veciñal “O Piñeiro de Castroncelos”. P. do Brollón Derribo e construción de muro de contención. 14.101,00 10.500,00
Asociación de veciños de “Outara”. P. do Brollón Acondicionamento local social. 19.196,58 12.000,00
Antonio Castro González. Pol Abastecemento de auga en Lúa. 16.000,00 12.000,00
José  Antonio González Castro. Pol Acondicionamento de pistas. 16.000,00 12.000,00
Ramón Andión Fernández. Pol Acondicionamento do barrio de Hermunde. 15.564,07 11.673,05
Asociación de veciños de Xudán “A Magadalena”. A Pontenova Obras para ampliación do cemiterio. 15.989,00 11.991,75
Asociación veciños/as de “San Salvador de Vilarmide”. A Pontenova Equipamento do local da asociación. 6.370,00 4.777,50
Asociación de veciños de “Bogo”. A Pontenova Depósito de auga potable. 9.275,00 6.956,25
Monserrat Fernández Alvarez. A Pontenova Saneamento en barrio de Machuco. 13.299,99 9.974,99
Asociación veciños “Castro San Martín A Pedra”. Portomarín Mellora nos depósitos de almacenamento de auga. 16.000,00 12.000,00
Monte veciñal man común de “Recelle”. Portomarín Mellora no campo da festa. 16.000,00 12.000,00
Monte veciñal man común de “Caborrecelle”. Portomarín Mellora nos accesos e camiños do núcleo. 16.000,00 12.000,00
Asociación de veciños “Hospital”. Quiroga Arranxo camiños. 15.972,77 11.900,00
Monte veciñal man común “Bustelo de Fisteus”. Quiroga Traída de auga potable. 9.475,40 7.106,55
Asociación veciñal de “Soldón”. Quiroga Arranxo do lousado da antiga escola unitaria. 17.095,25 11.900,00
AA.VV. “Piñeiro”. Ribadeo Muro de formigón (primeira fase). 6.490,00 4.867,50
Asociación veciños de Villaframil “San Isidro”. Ribadeo Acondicionamento pista no barrio. 16.567,20 12.000,00
Comunidade usuarios traída augas de “Rinlo”. Ribadeo Protección depósito de auga. 3.229,66 2.422,24
Asociación de veciños “A Madalena de Remourelle”. Ribadeo Complemento da área recreativa. 2.360,00 1.770,00
Asociación María Magdalena de Cedofeita. Ribadeo Muro e arranxo bancos. 5.664,00 4.248,00
Parroquia Piñeira-Diócesis Mondoñedo-Ferrol. Ribadeo Restauración retrablo lateral dereito da igrexa. 9.579,00 7.184,25
Asociación veciños “O Formiguero de Arante”. Ribadeo Ampliación entrada campo da festa. 6.490,00 4.867,50
Comunidade usuarios “Campo do Barreiros”. Ribadeo Conexión tubería. 5.902,36 4.426,77
Asociación de veciños “Virgen de Vilaselán”. Ribadeo Formación de parque biosaludable (primeira fase). 11.694,17 8.770,62
Asociación veciños de “Sta. Eulalia de Villaosende”. Ribadeo Camiño do Caño. 3.780,00 2.646,00
Asociación de veciños de “San Esteban de Casasnovas”. Ribadeo Acceso para limpieza de manantial e canalización. 7.083,33 5.312,50
José  Arias Pérez. Ribas de Sil Reparación de tellado na igrexa de Figueiredo. 5.623,88 4.217,91
Antonio Doval Arias. Ribas de Sil Construción de recinto para alamacenaxe de plásticos de carácter agrícola-ganadero. 8.071,20 6.053,40
Tito González Losada. Ribas de Sil Acondicionamento de pista. 8.200,00 6.150,00
Inmaculada Rivera Alvarez. Ribas de Sil Arranxo dun camiño con escollera en Castro de abaixo. 15.304,60 11.478,45
Carmen González González. Ribas de Sil Arranxo dun camiño e dotación de servizos en Veiga de San Clodio. 8.336,70 6.252,52
Angel Eliseo Rancaño Muiña. Ribeira de Piquín Apertura e afirmado pista forestal de Antigua a Abelleira. 16.000,00 12.000,00
Victoriano Gallo Gasalla. Riotorto Acondicionamento de fontes en Teixeiro. 7.000,00 5.250,00
Daniel Fernández Rivas. Riotorto Acondicionamento de fonte e camiño en Espasande de arriba. 5.560,35 4.170,26
José  Antonio Jardón Fiallega. Riotorto Acondicionamento da igrexa de San Pedro. 14.266,50 10.699,88
Manuel Rivas Iravedra. Riotorto Afirmado con zahorra pista desde Vilar de Meilán a Ladaiña. 16.000,00 12.000,00
Lucina Salgado Pol. Riotorto Rehabilitación dos interiores da igrexa de Santa Marta de Meilán. 4.485,01 3.363,75
Asociación veciñal “O Souto de Ayán”. Samos Adecuación interior de local e colocación de porta en construción comunal. 16.000,00 12.000,00
Asociación veciñal “Airiños da Meda”. Samos Arranxo do teito e fachadas do local social. 9.000,00 6.700,00
Monte veciñal man común de Santamariña. Samos Acondicionamento de camiños rurais. 11.000,00 8.200,00
Monte veciñal man común de Gundríd. Samos Acondicionamento da praza pública. 8.000,00 6.000,00
José  López López. Sarria Arranxo na ponte en Goimíl. 16.500,00 10.299,57
Oscar López Sánchez. Sarria Reparación e rehabilitación ponte Covelo. 15.000,00 11.000,00
Asociación cultural “O Bosque de Ferreiros”. Sarria Arranxo fachadas local social. 9.945,00 7.400,00
Asociación veciños “San Martiño de Fontao”. Sarria Renovación de fiestras local social. 6.294,00 4.720,00
Asociación sociocultural veciños de “Farbán”. Sarria Renovación de fiestras do local social. 3.485,00 2.613,16
Asociación veciñal parroquia de “San Martiño de Loureiro”. Sarria Acondicionamento espazo público e acondicionamento escola. 12.000,00 9.000,00
Manuel Quiroga Vázquez. O Saviñao Accesos e formigonado en vías. 14.500,00 10.875,00
Manuel López Rodríguez. O Saviñao Arranxo de camiños en Vilarello. 11.000,00 8.250,00
Carmen María Casas Rodríguez. O Saviñao Arranxo fonte, saneamento e entorno. 15.000,00 11.250,00
Asociación veciños “Proencia”. Sober Arranxo da fonte e lavadoiro. 4.000,00 3.000,00
Asociación de veciños de “San Pedro de Canabal”. Sober Adecuación interior de local social. 16.000,00 12.000,00
Asociación veciños da parroquia de “San Martiño de Anllo”. Sober Acondicionamento do local social. 2.400,00 1.800,00
Asociación veciños da parroquia de “San Martiño de Anllo”. Sober Arranxo da fonte. 3.200,00 2.400,00
Cristobal Pérez Arias. Sober (primeira fase) local social. 10.800,00 8.100,00
Odilio Rodríguez Portela. Sober Arranxo do camiño en Pacios. 800,00 600,00
Antonio Gómez Alvarez. Taboada Arranxo de camiño de servizo da igrexa o vial de servizo, en Vilela. 12.333,33 9.250,00
María Clara Besteiro Fernández. Taboada Acceso o campo da festa e área de recreo do pobo (camiño de Porto). 14.360,00 10.700,00
Angel López López. Taboada Arranxo camiño ribeira en Sobrecedo. 15.829,33 11.800,00
David Pablo Varela Rodríguez. Taboada Arranxo do tellado da igrexa. 11.800,00 8.800,00
Marcelino Subiela Rodríguez. Taboada Arranxo camiño que vai dende o cemiterio a camiño de Pedrouzos. 14.867,00 11.150,00
Asociación de veciños de “San Julián de Sante”. Trabada Rehabilitación do teleclub (segunda fase). 16.500,00 12.000,00
Oscar Lago Gancedo. Triacastela Reconstrución de tellado de lousa na igrexa de Lamas. 17.500,00 12.000,00
Alberto Carballo Rodríguez. Triacastela Afirmado e formigonado de camiño da Costa. 16.000,00 12.000,00
Monte veciñal man común de “Toldaos”. Triacastela Afirmado e formigonado do camiñlo de Xuste. 16.000,00 12.000,00
Comunidade de usuarios da auga do “Rego da Oseira”. O Valadouro Traída augas dende Teixoeira a Barbeita. 8.367,38 6.000,00
Juan Ramón Fernández Balseiro. O Valadouro Colocación alumeado público en barrios de O Valadouro. 13.541,22 10.100,00
Francisco María Novo González. O Valadouro Acondicionamento pavimento continuo en parroquias. 14.736,73 11.000,00
Asociación veciños “Santa Eulalia de Budián”. O Valadouro Instalación calefación e acondicionamento local social. 5.042,14 3.780,00
Manuel García Cordido. O Valadouro Acondicionamento pavimento continuo no barrio de Budián. 6.010,92 4.500,00
Asociación veciñal “Penas de San Xoan de Alaxe”. O Valadouro Acondicionamento de fonte. 4.679,99 3.500,00
Asociación cultural recreativa e deportiva “Santa María de Cabanas”. O Vicedo Mellora teleclub. 6.472,01 4.800,00
Asociación de mulleres de “San Roman do Val”. O Vicedo Acondicionamento centro social. 8.519,28 6.300,00
Asociación veciños Rioaveso – San Xurxo “A Canteira”. Vilalba Rehabilitación escola. 21.344,00 12.000,00
Asociación veciños “Os Galopins”. Vilalba Rehabilitación escola. 11.000,00 8.000,00
Asociación veciños “O Picouzo Ladra”. Vilalba Arranxo escola. 10.700,00 8.025,00
Asociación de veciños de “Escola Habanera de Tardade”. Vilalba Acondicionamento exterior do cemiterio. 6.920,82 4.700,00
Moises Fernández Carballeira. Vilalba Camiño rural Broz (arranxo). 3.022,64 2.250,00
Juan Antonio Debasa Maseda. Vilalba Rehabilitación escola. 8.100,00 6.000,00
Asociación veciños “Escola Habanera de Tardade”. Vilalba Rehabilitación escola habanera. 8.500,00 6.300,00
Javier Souto Teijeiro. Vilalba Camiño rural Pumariño. 6.642,53 4.950,00
Xunta parroquial de Sta. María de Soexo-Diocesis de Mondoñedo-Ferrol. Vilalba Dotación de bancos a igrexa parroquial. 6.130,00 4.500,00
Asociación cultural de “Amigos da Liga Santaballesa”. Vilalba Rehabilitación da escola habanera. 12.500,00 9.300,00
Comunidade montes veciñais man común de “Galdo”. Viveiro Alumeado público. 20.069,85 12.000,00
Comunidade montes veciñais man común de “Galdo”. Viveiro Saneamento do barrio. 16.212,81 12.000,00
Comunidade montes man comúin Castelo de San Martín e Fraga Moura. Viveiro Acondicionamento zona deportiva en Landrove. 20.109,41 12.000,00
Sociedad deportiva cultural de “Cabreiros”. Xermade Acondicionamento da instalación de auga nos vestiarios campo de fútbol. 3.550,00 2.600,00
Asociación de veciños de “Roupar”. Xermade Pintura exterior e limpeza de cantería da escola (local social). 4.000,00 2.500,00
Asociación veciños “San Xulián de Cazas”. Xermade Rehabilitación da casa escola da parroquia. 16.000,00 9.000,00
Asociación mulleres rurais de Xermade “Amuraxe”. Xermade Pintado interior local social e arranxo de chimenea e escaleiras. 8.000,00 6.000,00
Asociación cazadores “Cazas-Momán”. Xermade Adquisición de equipamentos mobiliarios. 1.784,09 1.338,07
Asociación de veciños “San Estevo”. Xermade Aislamento térmico local social e pavimentación do campo da festa. 8.600,00 6.450,00
Asociación veciños “As Santas”. Xove Acondicionamento no contorno da igrexa de Moras. 16.236,80 12.000,00
TOTALES 3.349.685,04 2.300.000,00
Exit mobile version