Site icon Crónica3.com A Mariña

A LNB tira cara a cidade de Lugo para afrontar o penúltimo seto da Conferencia Norleste

Nota de prensa

O sábado 16 de abril, as 16,00 h. a LNB tira cara a cidade de Lugo para afrontar
o penúltimo seto da Conferencia Norleste. As espadas están en todo o alto e ata
agora solo se coñecen os dous equipos que van a Conxo, “Os Outros” e “Os
Billardeiros Musicais” ocupan os dous postos separados por só dos puntos polo
que estas dúas últimas xornadas seran decisivas cara o título; como quen dí o
que mas chifle, capador. Os irmáns de Madia Leva, teñén gañas de facerse ver
nunha xornada e para iso teñen preparada una pista de herba artificial, unha
nova esperiencia para a tribu billardeira que fará o seu debut nesta superficie,
esta por ver si os de Madia Leva sairán favorecidos nesta superficie,
descoñecida ata o de agora polos outros equipos que compiten habitualmente.
A loita individual está moi parella e aberta a distintas posibilidades o
igual que a de varados, ainda que Daniel domina con 4 varados de ventaxe, en
dúas xornadas pode pasar de todo. Non se sabe en herba artificial como vai ser,
pero en Remourelle hai palanadores que si teñen un bó día poden facer uns cantos
varados e darlle a volta a clasificación. O que si agardamos e unha asistencia
masiva a estos dous últimos asaltos. De momento o vindeiro sábado 16, vémonos
todos na Piringalla! Á pista está na rua Poeta Manuel María. Que non falte naide!

Exit mobile version