Site icon Crónica3.com A Mariña

A praza do espóleo

A praza do expolio

* Co notable avance das obras de urbanización da nova praza dos Campos, ponse de manifesto cales eran as verdadeiras intencións e as prioridades do goberno municipal do PP de Cervo con respecto a comunidade educativa de san Ciprián. Istas prioridades non eran outras que vengarse dos pais e por ende, do partido político que impideu no ano 2005 o maior asalto democrático, social e educativo contra os intereses xerais dun pobo.

Calquera veciño que teña a oportunidade de pasear polas rúas de San Ciprián observará o intenso traballo que se desenvolve neste espazo céntrico do pobo, e que contrasta coa lentitude e parálise doutras obras anunciadas en reiteradas ocasións polo goberno municipal e que son a todas luces mais urxentes, coma a ampliación do pabillón do CEIP de Cervo Nº 1, a residencia da 3ª idade, a posta en marcha do saneamento de San Ciprián ou o de Cervo-Figuerido, o asfaltado e pintado das rúas do concello (invadidas de socavons ou elevacións) que dificultan o tránsito viario, a señalización dos pasos de peóns, etc, etc,

Cómpre agora desenvolver por parte do PP de Cervo un traballo moi intenso, de anuncios, contratacions de última hora e festa rachada, para compensar a inactividade dos últimos 4 anos, co fin de borrar da mente dos seus veciños, a imaxe de abandono e desidia, consecuencia dun goberno incapaz de xestionar de forma eficiente os recursos de todos os Cervenses.

Así, o espazo do CEIP Rivera Casás, debido a súa amplitude, poido albergar perfectamente unha praza para actos públicos e terrazas co derribo do pabellón e aproveitando o espazo das rúas adxacentes; o parvulario do antigo colexio dispoñía de comedor e zoas de xogo cubertas que o facían o lugar ideal para a instalación dunha gardería municipal; o edificio principal, houbera albergado perfectamente unha residencia da tercera idade e ademais, houbera permitido que as persoas maiores do noso concello, tiveran a un paso a praza, o parque e os establecementos comercias, para tomar un café, pasear ou mesmo facer as compras, sen ter que facer desprazamentos largos e preto dos vehículos, coma ocurre no caso da ubicación final elexida polo goberno do PP.

Pode que a praza dos campos sexa unha praza moi bonita, moi nova, moi ampla e seguramente todos e todas disfrutaremos moito dela cando haxa sol e a choiva no apareza, pero o que non olvidaremos é que os seus cimientos se sustentan no rencor, a intolerancia e a falla de respecto e de diálogo cunha parte moi importante dos nosos veciños e veciñas. Erra o PP se cree que a maioría dos cidadans están de acordo coa súa decisión; outra cousa ben distinta é que a responsabilidade social tome de novo as riendas que outros soltaron fae xa moito tempo.

* Lara Méndez López, Baldomero Iglesias Isla, Beatriz Vázquez Monroy e Ramón González Basanta, son concelleiros do GMS de Cervo

Exit mobile version